Lamentamos que o goberno local non elaborase os orzamentos contando coa participación veciñal

Henrique del Río é o voceiro do BNG

As contas incrementan o gasto corrente en 485 000 euros, cando en 2016 ascendía xa a 2,8 millóns. “Manteñen e mesmo incrementan as subvencións ‘a dedo’, que para nós é algo que atenta contra a igualdade de todas as entidades a recibir o mesmo trato e ter as mesmas opcións de levar unha subvención municipal”

Betanzos, 13 de xuño de 2017. O BNG informou que ás dúas do mediodía recibiu do goberno local copia completa do orzamento para este ano. “Obviamente temos que estudalo a fondo para poder facer unha valoración en profundidade do documento”, explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

Con todo, as nacionalistas advirten que na proposta remitida esta mañá polo goberno do PSOE o gasto corrente increméntase en 485 000 euros con respecto ao do pasado ano, que xa eran 2,8 millóns de euros. “É algo que a priori non compartimos, porque dentro del van agochadas as privatizacións de servizos”, apunta o edil do BNG.

Ademais, nunha primeira valoración desde o BNG advirten que as contas presentadas polo executivo local hoxe “manteñen e mesmo incrementan as subvencións ‘a dedo’, que para nós é algo que atenta contra a igualdade de todas as entidades a recibir o mesmo trato e ter as mesmas opcións de levar unha subvención municipal”. “O BNG sempre defendeu outorgar as subvencións do Concello nun proceso aberto, público, transparente e con condicións que toda a veciñanza coñeza de antemán, é máis democrático” engade.

“A primeira vista hai elementos que nos disgustan, pero sería irresponsábel facer unha valoración do orzamento sen analizalo a fondo”, explica o voceiro nacionalista.

Participación e transparencia, ausentes do proceso de elaboración das contas

“Estamos a mediados de xuño e é o primeiro borrador que presenta o goberno local”, explica o voceiro nacionalista. “O ano pasado o PSOE e os partidos que lle apoiaron o orzamento xuraron e perxuraron que este ano farían un orzamento de xeito participativo e, como moito, puido participar desta proposta quen pasara pola alcaldía”, explican.

Ademais, explican que “as contas van fóra de prazo”. “A lei obriga ao alcalde a levar o orzamento ao pleno antes do 15 de outubro”, explica Del Río. “Se estiveramos a falar das contas de 2018 iría moi ben, pero falamos das previsións para un ano do que xa vai a metade fóra”, ironiza. “De feito, xa nos tiñan que ter entregado a conta xeral do pasado ano e o goberno local retena, non sabemos por que motivo, pero sería moi interesante comparala con este borrador”, explica.
 
Lamentamos que o goberno local non elaborase os orzamentos contando coa participación veciñal