Jorquera: “a decisión de convertir o novo colexio en aulario só se sustenta no aforro”

Jorquera: “a decisión de convertir o novo colexio en aulario só se sustenta no aforro”

O BNG presentou iniciativas contra o copago no Concello e no Congreso. Na foto, os voceiros do BNG en ambas institucións, Del Río e Jorquera.

“Sabe cal é o único que criterio que motiva esta decisión? o aforro de 108.000 euros en mestres e demáis persoal”, denunciou o portavoz nacionalista. “O aforro a costa de degradar a calidade educativa”.

Betanzos, 18 de setembro de 2014. O BNG trasladou esta tarde no Parlamento de Galiza o malestar da comunidade escolar de Betanzos sobre a reconversión do novo colexio de educación infantil nun edificio auxiliar do CEIP Vales Villamarín. O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, comezou a súa interpelación botando sobre a mesa unha copia dos orzamentos da Xunta e outra da plataforma de contratos do goberno galego, onde en ambos casos se fala de “Construción dunha escola de educación infantil en Betanzos”.

“Sabe que é isto?” espetou Jorquera, amosando tamén unha copia da páxina da plataforma de contratos públicos de Galiza. “Obxeto do contrato: obra de construción dunha escola de educación infantil en Betanzos”, interpelou o portavoz parlamentar do BNG.

Sabe cal é o único que criterio que motiva esta decisión? O aforro a costa de degradar a calidade educativa

Francisco Jorquera comezou ensinándolle estes documentos “porque en Betanzos o partido popular nega agora que se tivese comprometido a dotar a Betanzos dunha nova escola de educación infantil e non dun simple aulario”. “É máis o ‘inefábel’ señor Indalecio Cabana, Xefe Territorial de educación, dixo textualmente que dende o primeiro momento contemplouse como aulario e non como escola de educación infantil”, engadiu.

“En definitiva, para o Xefe Territorial de educación os cidadáns están para aplaudir o que faga a Xunta”, resumiu Jorquera ao referirse as desafortunadas declaracións do Tefe Territorial. “para o Xefe Territorial de educación os cidadáns non son quen para opinar de cuestións que afectan a algo tan importante como é a calidade do ensino”, insistiu.

Para o Xefe Territorial de educación os cidadáns están para aplaudir o que faga a Xunta

Jorquera acusou ao PP de faltar á verdade, non só en base a esta documentación se non que “o propio edificio do colexio se dotou con dependencias para o seu funcionamento autónomo, como gabinetes para a dirección, secretaría, xefatura de estudos ou dependencia para as anpas, o que demostra que inicialmente ia ser unha escola de educación infantil”.

“Sabe cal é o único que criterio que motiva esta decisión? o aforro de 108.000 euros en mestres e demáis persoal”, denunciou o portavoz nacionalista. “O aforro a costa de degradar a calidade educativa”.

“Vostedes seguen sen comprender que o ensino non é un gasto. O ensino é un investimento”, afirmou. Por este motivo pediu ao PP que “recúen, que rectifiquen”. “Xa que esta decisión da Consellería de educación o que supón é menos mestres, os mesmos recursos para atender máis necesidades, máis complexidade organizativa e menos calidade do ensino”, concluíu.

Jorquera: “a decisión de convertir o novo colexio en aulario só se sustenta no aforro”