Insistimos en solicitar no pleno q o concello se persoe nas causas abertas contra Tafiber por presunto delicto ambiental

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

“Celebramos que o PSOE asuma que o Concello debe controlar que esta empresa cumpra a normativa ambiental, pero pero a negativa da Xunta a actuar poucas opcións máis deixa”

Insistimos en solicitar no pleno q o concello se persoe nas causas abertas contra Tafiber por presunto delicto ambiental

“Celebramos que o PSOE asuma que o Concello debe controlar que esta empresa cumpra a normativa ambiental, pero pero a negativa da Xunta a actuar poucas opcións máis deixa”

Betanzos, 21 de febreiro de 2018. O BNG volveu solicitar no Pleno que o Concello se persoe na causa contra un presunto delicto ambiental aberta contra Betanzos HB- a antiga Tafiber. ”Á vista da comunicación da Xunta sobre as emisións contaminantes de Betanzos HB e a negativa a abrir novas actuacións está claro que é a vía que temos para poder coñecer o que acontece”, explican as nacionalistas.

Por este motivo, o voceiro do BNG, Henrique del Río, solicitou ao goberno local que se persoe na causa xudicial “para poder abrir novas actuacións administrativas” para poñer fin á situación. O persoamento permitiría coñecer toda a documentación, actas de inspección e demais probas incluídas no sumario do proceso xudicial aberto a instancias da Fiscalía de Medio Ambiente.

O BNG ten presentado numerosas iniciativas sobre este asunto, tanto no Parlamento de Galiza como no Concello, onde promoveu unha moción institucional de toda a Corporación para demandar ao goberno galego que actúe para garantir a saúde da veciñanza e o cese de emisións. “O PSOE negouse varias veces a persoarse no xuízo pero a negativa da Xunta a actuar poucas opcións máis deixa”, explica.

Celebramos o cambio de postura do PSOE respecto ás emisións da fábrica

As nacionalistas amosaron a súa satisfacción polo cambio de postura do goberno local con respecto á fábrica e as súas emisións. “Levamos décadas insistindo en que o Concello debe controlar que esta empresa cumpra a normativa, pola saúde da veciñanza e polo noso medio” explican.

Advirten que “estaremos enriba do tema como até o de agora, para evitar que volva a quedar en nada, porque o emprego é moi importante, pero non é necesario sacrificar o resto, pódense ter as dúas cousas” abunda o voceiro nacionalista.

Insistimos en solicitar no pleno q o concello se persoe nas causas abertas contra Tafiber por presunto delicto ambiental