AS NACIONALISTAS DEMANDAN AO EXECUTIVO LOCAL UN PLAN CONTRA A SECA.

Insistimos no Pleno en reclamar melloras na captación da traída da auga

Henrique del Río é o voceiro do BNG. Foto ARUME
Henrique del Río é o voceiro do BNG. Foto ARUME

“O pasado verán o goberno local do PSOE afirmaba que as obras se iniciarían na súa primeira fase a principios do actual 2019”

As nacionalistas demandan ao executivo local un plan contra a seca.

Insistimos no Pleno en reclamar melloras na captación da traída da auga

“O pasado verán o goberno local do PSOE afirmaba que as obras se iniciarían na súa primeira fase a principios do actual 2019”

As nacionalistas demandan ao executivo local un plan contra a seca.

Betanzos, 2 de setembro de 2019. O BNG interesouse polo estado de execución da mellora da traída municipal, que arrastra anos de retraso. “Hai anos que o Concello de Betanzos ten asinado coa Xunta un convenio para a mellora da captación da auga potable, na Acea. A actuación, que debía estar xa terminada, xa que Augas de Galiza comprometíase con este convenio á realización dunha serie de obras de mellora entre o 2016 e o actual 2019 nin sequera comezou” relata o voceiro do BNG, Henrique del Río.

“O pasado verán o goberno local do PSOE afirmaba que as obras se iniciarían na súa primeira fase a principios do actual 2019 e quedaría para unha segunda fase a mellora dos bombeos. Segundo leva afirmando o goberno local os últimos 3 anos a turbidez da auga da traída en Betanzos débese a un sistema de captación obsoleto e a única solución pasaría por executar este proxecto de mellora”, engadiu o voceiro nacionalista.

“Porén, no Pleno ordinario do mes de febreiro aprobouse unha addenda a este convenio para adiar as obras e executalas entre o 2019 e o vindeiro 2020 diante do obvio incumprimento dos prazos fixados no convenio anterior”.

Por este motivo, as nacionalistas pediron no último pleno que o goberno local aclare en que punto está a obra e se xa está contratada. “Consideran factibles a estas alturas os novos prazos que se incluíron na modificación do convenio?” interpelou ao goberno local, dado que a demora na prórroga do proxecto é tamén importante.

“Mentres esta obra segue adiándose, toda a veciñanza de Betanzos seguimos sufrindo unha calidade do subministro da auga que dista moito de ser a desexábel, con continuos períodos de turbidez, mais, iso si, pagando as taxas como se o servizo funcionase correctamente”, criticou Del Río.

Medidas contra a seca

O voceiro nacionalista preguntou, ademais, sobre as medidas que ten previsto o goberno local adoptar para garantir o subministro de auga a domicilios e explotacións en previsión da seca. Neste sentido, urxiu ao goberno local a elaborar xa o plan municipal para facer fronte á seca.