Insistimos no Pleno en construír a zona verde no lugar dunha estrutura abandonada na Ribeira

A estrutura a medio construír expropiada polo Concello na Ribeira a consecuencia dunha condea xudicial


Esta obra é obriga dunha sentenza xudicial contra o urbanismo do PSOE nos 90, pero “non hai fondos nos orzamentos municipais que acaban de aprobar o PSOE e os seus socios”

Insistimos no Pleno en construír a zona verde no lugar dunha estrutura abandonada na Ribeira

Esta obra é obriga dunha sentenza xudicial contra o urbanismo do PSOE nos 90, pero “non hai fondos nos orzamentos municipais que acaban de aprobar o PSOE e os seus socios”

Betanzos, 13 de setembro de 2017. O BNG demandou no Pleno prazos concretos para demoler unha estrutura de obra paralizada na Ribeira e transformala nunha zona verde. “Xa de termos que asumir todas as veciñas a indemnización e a expropiación que provocaron a irresponsabilidade gobernando do PSOE nos anos 90, cremos que sería moito máis beneficioso para a veciñanza da Ribeira contar canto antes con esta zona verde” explica o voceiro do BNG, Henrique del Río.

Malia ser unha actuación que deriva dunha condea firme contra o Concello, “non hai fondos para esta execución obrigada por unha sentenza nos orzamentos municipais que acaban de aprobar o PSOE e os seus socios”, denuncian as nacionalistas. O voceiro do BNG lamenta que o executivo local actúe “deste xeito irresponsábel, expoñendo o Concello a novas demandas” e urxiu ao goberno local a derrubar a estrutura e construír o xardín que a sentenza obriga. “Pensan que é lóxico manter unha estrutura apodrecendo nunha parcela municipal” ironizou durante o Pleno.

As nacionalistas recordan que o Concello está obrigado a facer ambas actuacións por unha sentenza xudicial, logo de que o goberno do PSOE delimitase no solar unha zona verde tras dar unha licenza de obra a un promotor nos anos 90. A Xustiza condenou ao Concello a indemnizar ao promotor, expropiar o edificio a medio construír e dar paso á zona verde. Desde o BNG recordan que “no Pleno de xaneiro de 2016 o goberno respondeunos que era necesario redactar primeiro un proxecto técnico e este requería contar cos medios necesarios”. “No de xuño daquel ano que comezaría cando tiver partida orzamentaria” abunda Del Río, que relata que “pasou un ano e dous orzamentos e non hai fondos para esta execución obrigada por unha sentenza”.

En maio de 2016 o BNG demandou no Pleno que o goberno local abrise un expediente de responsabilidades aos concelleiros e técnicos que provocaron esta condea contra o Concello. “O lóxico é que os causantes deste fallo contra os intereses da veciñanza respondan co seu do prexuízo ocasionado” asegurou naquela altura o voceiro do BNG. O goberno do PSOE negouse a iniciar este procedemento.

Insistimos no Pleno en construír a zona verde no lugar dunha estrutura abandonada na Ribeira