Insistimos no Pleno que se actúe con celeridade sobre a Fábrica da Luz para garantir a súa conservación

A fábrica da luz desde a Galera
A fábrica da luz desde a Galera

O edil nacionalista chamou a atención sobre a “urxencia de actuar sobre este inmoble para evitar o derrubo do teito do edificio”.

Insistimos no Pleno que se actúe con celeridade sobre a Fábrica da Luz para garantir a súa conservación

O edil nacionalista chamou a atención sobre a “urxencia de actuar sobre este inmoble para evitar o derrubo do teito do edificio”.

Betanzos, 7 de setembro de 2017. O BNG demandou no Pleno que se actúe con celeridade sobre a Fábrica da Luz da Ponte Nova para garantir a súa conservación. As nacionalistas advertiron de que o edificio “continúa co seu deterioro malia a catalogación provisoria por parte da Xunta de Galiza” e lembraron que “o pleno acordou hai uns meses establecer conversas coa propietaria para garantir a conservación e valorar a adquisición do edificio”.

Por este motivo, o voceiro do BNG, Henrique del Río, demandou ao goberno local que aclare “exactamente que xestións realizaron até este momento desde que se fixo pública a catalogación provisoria”. O nacionalista chamou a atención sobre a “urxencia de actuar sobre este inmoble para evitar o derrubo do teito do edificio”.

Neste sentido, demandou ao goberno local que contacte coa empresa propietaria do edificio para garantir a conservación da factoría. As nacionalistas levaban lustros propoñendo á Corporación catalogar e protexer a Fábrica da Luz como un primeiro paso para garantir a conservación do inmoble. Ao tempo, demandou que o executivo municipal aclare como pensa executar “o acordo plenario sobre a posta en valor da obra de González Villar entre o que se inclúe este inmoble”.