Insistimos en destinar fondos a subvencións para rehabilitación no Casco Histórico nas nosas alegacións aos orzamentos

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

Del Río: “Os orzamentos que acaba de aprobar o goberno local co apoio das mareas, non recollen nin un só euros para ningún programa de rehabilitación de vivendas no Casco Histórico, mentres reserva máis de 200 mil euros para gastar só nas festas de agosto”

Tamén propoñen cambiar de destino 29 300 euros para un primeiro esforzo inversor na rehabilitación da parte histórica do Pasatempo.

O BNG tamén alega contra o sistema de reparto de subvencións municipais previsto nas contas

Insistimos en destinar fondos a subvencións para rehabilitación no Casco Histórico nas nosas alegacións aos orzamentos

Del Río: “Os orzamentos que acaba de aprobar o goberno local co apoio das mareas, non recollen nin un só euros para ningún programa de rehabilitación de vivendas no Casco Histórico, mentres reserva máis de 200 mil euros para gastar só nas festas de agosto”

Tamén propoñen cambiar de destino 29 300 euros para un primeiro esforzo inversor na rehabilitación da parte histórica do Pasatempo.

O BNG tamén alega contra o sistema de reparto de subvencións municipais previsto nas contas

Betanzos, 19 de xullo de 2017. O BNG presentou as súas alegacións aos orzamentos municipais para 2017. “Pretendemos reorientar o gasto improdutivo en actuacións de proveito para a veciñanza”, explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

Neste sentido, o BNG propón destinar unha partida de 135 000 euros para que o Concello cree subvencións para a rehabilitación de vivendas na área de rehabilitación do Casco Histórico. “Os orzamentos que acaba de aprobar o goberno local co apoio das mareas, non recollen nin un só euros para ningún programa de rehabilitación de vivendas no Casco Histórico, mentres reserva máis de 200 mil euros para gastar só nas festas de agosto”, explicou o portavoz do BNG, “pensamos que é moita hora de modificar as nosas prioridades”.

Propoñemos cambiar de destino 29 300 euros para un primeiro esforzo inversor na rehabilitación da parte histórica do Pasatempo

“Non se pode quedar de brazos cruzados á espera de ver que fai a Xunta, porque xa vemos como ten as súas casas a Xunta, maioritariamente caendo”, explican as nacionalistas. “Aínda onte, 6 anos despois de anunciar na precampaña das municipais un millonario investimento no noso casco histórico, mostrábanse orgullosos da licitación de 3 das 10 vivendas que a Xunta ten a caer en Betanzos. É lamentábel”, engadiu del Río.

“O patrimonio é o que fai diferente esta cidade e aporta moito máis que o dispendio en festas, publicidade, propaganda e campañas de promoción”, explican. “Quen ven a Betanzos sabe exactamente que é o que busca, turismo cultural asociado a patrimonio e historia”, explica Del Río. Por este motivo, tamén propoñen cambiar de destino 29 300 euros para un primeiro esforzo inversor na rehabilitación da parte histórica do Pasatempo.

Desde o BNG propoñen financiar estas dúas actuacións reducindo o gasto en festas, suprimindo os gastos protocolarios e de propaganda. “Están moito mellor gastados destinándoos ao que nos fai diferentes e nos sitúa no mapa”, explica o edil do BNG. “Calquera concello de certo tamaño pode queimar 315 000 euros en festas, pero só Betanzos ten o Casco Histórico e o Pasatempo, e isto é precisamente o que ten potencial para o desenvolvemento económico da nosa cidade”, indica.

As nacionalistas propoñen, ademais, retirarlle á Alcaldía a posibilidade de cambiar o destino das partidas do orzamento sen contar co Pleno. “As contas que aprobaron PSOE e Marea permiten ao alcalde gastar en protocolo o que no orzamento aparecía como gasto cultural, como de feito ven pasando nos últimos anos”, explica Del Río. “Nós o que propomos é que se se dí que se vai gastar en libros para a biblioteca ou en rehabilitación do Casco Histórico, non nos levemos a sorpresa logo coa conta xeral de que o alcalde o cambiou para triplicar os gastos protocolarios” engade.

As subvencións, en igualdade para todas as entidades

O BNG tamén alega contra o sistema de reparto de subvencións municipais previsto nas contas. “Son 127 000 euros a dedo entre as entidades que o goberno local elixe en base a criterios que só o goberno local coñece e 25 000 euros para o resto de entidades”, recordan as nacionalistas. “Nós propoñemos que se trate igual a todas as entidades, que as subvencións se dean en procesos públicos onde todas as asociacións e clubes teñan exactamente as mesmas oportunidades”, explica Del Río.

As nacionalistas recordan que isto é, precisamente, o que exixe a Lei de Subvencións para repartir fondos públicos. “Pero ademais é algo elemental nunha democracia: tratar igual a todo o mundo, ter todas as mesmas oportunidades e non comprar vontades con fondos públicos” relatan.

Insistimos en destinar fondos a subvencións para rehabilitación no Casco Histórico nas nosas alegacións aos orzamentos