Henrique del Río e Xosé Vales serán os concelleiros do BNG

Henrique del Río e Xosé Vales son os concelleiros electos do BNG. Os resultados supoñen un crecemento do 0,56% con respecto aos apoios obtidos en 2007.

Betanzos, 30 de maio de 2011. Despois de obter 1043 votos nas eleccións do pasado domingo 22 de maio, o que supón un 14,02% dos sufraxios, o BNG contará con dous concelleiros na Corporación que previsibelmente tomará posesión o vindeiro 11 de xuño. Con estes resultados, que supoñen un pequeno medre do 0,56% para o BNG con respecto aos resultados de hai catro anos, Henrique del Río e Xosé Vales serán os concelleiros do BNG.

A Asemblea Local valorou os resultados na última xuntanza celebrada. Os nacionalistas consideraron "aceptábel" o resultado, se ben se agardaba un respaldo maior. No lado positivo dos resultados valorouse o incremento de apoios logrado en case todas as mesas urbanas de Betanzos, a boa acollida a unha candidatura renovada e nova e o papel decisivo que a nova conformación do Pleno do Concello outorga ao BNG.

Henrique del Río e Xosé Vales serán os concelleiros do BNG