Exiximos contundencia contra os vertidos ao Mendo e ao Mandeo

Un verquido na ría
Un verquido na ría

O BNG anunciou que trasladou de novo o tema ao Parlamento como xa fixera cos que se produciron en novembro de 2016 pedindo información de “en que situación se atopa a investigación sobre a procedencia destes vertidos e que tempos contemplan para ter información sobre a gravidade e as substancias así como dos responsábeis”

Exiximos contundencia contra os vertidos ao Mendo e ao Mandeo

O BNG anunciou que trasladou de novo o tema ao Parlamento como xa fixera cos que se produciron en novembro de 2016 pedindo información de “en que situación se atopa a investigación sobre a procedencia destes vertidos e que tempos contemplan para ter información sobre a gravidade e as substancias así como dos responsábeis”

Betanzos, 8 de novembro de 2017. O BNG lamentou un novo vertido á Ría esta vez nos ríos Mandeo e Mendo e esixiu “contundencia” na actuación contra estes delitos ambientais. “Todos os anos cando chegan as primeiras choivas sufrimos episodios como este sen que teñan ningunha consecuencia nin se coñezan nunca as persoas responsábeis. Isto crea unha sensación de impunidade en todo o relacionado co coidado do medio e concretamente da nosa Ría que nos parece gravísima”, explicou o portavoz do BNG de Betanzos, Henrique del Río.

Desde o BNG refírense aos vertidos dunha substancia descoñecida que o goberno local fixo públicos onte e que segundo o propio goberno levan días afectando aos ríos Mandeo e Mendo.  

O BNG anunciou que trasladou de novo o tema ao Parlamento como xa fixera cos que se produciron en novembro de 2016 pedindo información de “en que situación se atopa a investigación sobre a procedencia destes vertidos e que tempos contemplan para ter información sobre a gravidade e as substancias así como dos responsábeis”, engadiu o portavoz nacionalista. 

Desde o BNG pediron ao goberno local e á Xunta de Galiza que informe á veciñanza en xeral e, máis concretamente á confraría de que substancias se trata, para evitar a inseguridade. Ademais pediu copia das analíticas efectuadas polo Seprona nestes ríos. 

Os nacionalistas denunciaron a gravidade do ocorrido e aproveita para reclamar “a implicación do SEPRONA e da Fiscalía ambiental do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, para que se investigue a fondo a orixe do vertido e se permita depurar as oportunas responsabilidades por este atentado ambiental”. “Hai que dar unha resposta contundente diante destes atentados á saúde e o patrimonio de todas que se veñen repetindo todos os anos”, conclúen.