Denunciamos que o PP puxo o gasto do Concello ao servizo da súa campaña electoral

“Para mercar vontades asinaron convenios sen fondos con entidades e sen aterse ao procedemento legal” censurou o nacionalista.

Denunciamos que o PP puxo o gasto do Concello ao servizo da súa campaña electoral

“Para mercar vontades asinaron convenios sen fondos con entidades e sen aterse ao procedemento legal” censurou o nacionalista.

Betanzos, 13 de outubro de 2011. A conta xeral do 2010 demostra “que as áreas de investimento non foron a prioridade” para o goberno local de Betanzos nese ano. Así o denunciou o voceiro de economía do BNG, Xosé Vales, no Pleno desta noite. “Nun ano coma 2010, coas taxas de paro alcanzadas, a conta xeral revela que a promoción do emprego non figurou entre as prioridades” do goberno que conformaron, primeiro PP e CxB e logo só o PP.

Vales asegurou que o PP “puxo o gasto do Concello ao servizo da súa campaña electoral” e apoiou a afirmación nos datos que ofrece a contabilidade municipal. “Para mercar vontades asinaron convenios sen fondos con entidades e sen aterse ao procedemento legal” censurou o nacionalista, apoiando a acusación nos reparos emitidos pola Intervención municipal.

Ademais, empregou informes dos técnicos municipais para denunciar as contratacións do PP “fraccionando contratos para non sacalos a concurso público a pesar das advertencias dos funcionarios municipais e das denuncias públicas do BNG”. Neste sentido, recordou que “unha parte destas contratas foron remitidas, a pesar das manobras dilatorias do PP, á Fiscalía”. Xosé Vales revelou que a Fiscalía iniciou as dilixencias previas sobre a denuncia do Pleno contra as contratacións do PP.

“Nun ano moi marcado pola crise dispararon os gastos en festas en lugar de atender outras necesidades máis urxentes para Betanzos” reprochou o edil nacionalista ao PP. Neste sentido, esixiu aos conservadores que deixen de facer oposición ao goberno municipal de 2006, “que xa xulgaron os veciños e do que xa tomou nota o BNG”.

Xosé Vales aproveitou para denunciar tamén o dobre discurso do PP: “Mentres en 2010 o PP desmantelaba servizos públicos desde a Xunta coa excusa da austeridade, o mesmo PP en Betanzos estragaba os recursos públicos en gasto corrente en lugar de facelo en inversións que xeneren benestar ou dinamicen a economía”.

Denunciamos que o PP puxo o gasto do Concello ao servizo da súa campaña electoral