Denunciamos que non se investise un euro na acollida de refuxiadas tras varios comunicados vendéndoo

“Nos orzamentos de 2016 e 2017 figuraba e así o recollía a memoria da alcaldía que os acompañaba, unha partida para dedicar á atención de persoas refuxiadas, mais ningún dos dous anos houbo gasto, segundo as contas xerais respectivas”

Preguntará no Pleno por que se utilizou esta problemática como exemplo de orzamento progresista e logo non se executaron os fondos.

Denunciamos que non se investise un euro na acollida de refuxiadas tras varios comunicados vendéndoo

“Nos orzamentos de 2016 e 2017 figuraba e así o recollía a memoria da alcaldía que os acompañaba, unha partida para dedicar á atención de persoas refuxiadas, mais ningún dos dous anos houbo gasto, segundo as contas xerais respectivas”

Preguntará no Pleno por que se utilizou esta problemática como exemplo de orzamento progresista e logo non se executaron os fondos.

Betanzos, 22 de xuño de 2018. O BNG lamentou que o goberno local incluíse unha partida para atención a refuxiadas nas contas de 2016 e 2017 e que, porén, non destinase un só euro a estas políticas humanitarias e de cooperación nos últimos dous anos. Advirten que, dos 50 000 euros para axudas de emerxencia social, o goberno local tan só gastou 8434,56 euros. "Anunciaron varias veces que incrementaban estes fondos, e mesmo que ían acoller refuxiadas a conta desta partida e o certo é que quedou todo nun titular de prensa para vender as bondades do orzamento de 2017, que evidentemente non existen e agora se ve", indica. Del Río censura que, ademais, desta contía quedaba pendente de pagar a fin de ano máis de 1100 euros. "Co tipo de axuda que é, demorar o pago pode provocar un prexuízo enorme para as beneficiarias deste tipo de axudas", explica.

Neste sentido, o BNG advirte que “nos orzamentos de 2016 e 2017 figuraba e así o recollía a memoria da alcaldía que os acompañaba, unha partida para dedicar á atención de persoas refuxiadas”. “Ningún dos dous anos houbo gasto, segundo as contas xerais respectivas, nin tampouco se anunciou ningunha medida por parte do goberno local nese sentido” recorda o voceiro nacionalista.

“Tampouco apareceu Betanzos agora, malia contar con eses fondos, na relación de concellos que se brindaron para acoller ás persoas do Aquarius” engade. “Hai unha trintena de concellos galegos que se ofreceron para acoller estas refuxiadas, entre eles os gobernados polo BNG, pero o goberno local non se ofreceu aínda para que Betanzos acolla algunhas destas persoas”, relata Del Río. “Vese que unha cousa é aprobar declaracións institucionais pero outra moi distinta pasar á acción”, ironiza chamando ao goberno local a actuar, dado que se ten comprometido a facelo.

As nacionalistas reproban ao goberno local que utilizasen a problemática destas persoas “para facer pasar por progresista o seu pacto para aprobar os orzamentos nunha manobra puramente propagandística que non tiña intención de saltar do papel á realidade”. Neste sentido, explica que “a realidade da conta xeral evidencia que venderon fume" logo de incluir e anunciar estas medidas nos dous últimos orzamentos.

Interpelación no Pleno para coñecer os motivos

Por este motivo, o BNG ten pensado levar o asunto o vindeiro martes a Pleno para coñecer os motivos polos que, a pesar de ter partidas aprobadas para esta política humanitaria, o goberno local non ofreceu a axuda.