O BNG RECLAMOU AO GOBERNO LOCAL QUE CUMPRA A LEI E DEA CONTA DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO E A FAGA PÚBLICA PARA QUE TODA A VECIÑANZA POIDA SABER COMO ESTÁN GASTANDO OS CARTOS PÚBLICOS

Denunciamos que a alcaldesa non remitiu ao Pleno a liquidación do orzamento de 2018

WhatsApp Image 2019-03-01 at 09.59.18
Henrique del Río é o portavoz municipal e candidato do BNG á Alcaldía

O BNG reclamou ao goberno local que cumpra a lei e dea conta da liquidación do orzamento e a faga pública para que toda a veciñanza poida saber como están gastando os cartos públicos

Denunciamos que a alcaldesa non remitiu ao Pleno a liquidación do orzamento de 2018

O BNG reclamou ao goberno local que cumpra a lei e dea conta da liquidación do orzamento e a faga pública para que toda a veciñanza poida saber como están gastando os cartos públicos

Betanzos, 8 de abril de 2019. O BNG denunciou que a alcaldesa non remitiu ao Pleno a liquidación do orzamento de 2018. "A Lei de Facendas locais estabelece que a presidenta da corporación está obrigada a confeccionar a liquidación do orzamento antes do primeiro día de marzo e darlle traslado ao Pleno da corporación na sesión inmediatamente posterior, é dicir, no pleno ordinario de marzo", indicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

"Obviamente non nos deron conta desa liquidación das contas do ano 2018, e non sabemos cal é o motivo", explicou o portavoz do BNG. "Nin sequera informaron de cando pensan darnos información sobre a liquidación do orzamento do 2018" abundou.

"Á vista do gasto desmedido dos últimos meses en propaganda, lonas e demais podemos facernos unha idea de por onde vai ir o contido desa conta", ironiza o candidato nacionalista á Alcaldía de Betanzos. "Dá toda a sensación de que o PSOE está facendo política de terra queimada, gastar todo en propaganda e electoralismo de aquí a maio e o que veña detrás que se amañe", engade.

O BNG reclamou ao goberno local que cumpra a lei e dea conta da liquidación do orzamento e a faga pública para que toda a veciñanza poida saber como están gastando os cartos públicos. “Son cartos dos nosos impostos e os veciños e veciñas temos dereito a saber como se gastan”, concluíu o portavoz do BNG, “gobernar é priorizar e nos temos claro que o que precisa Betanzos son menos anuncios, menos propaganda e menos festa e máis investimentos en benestar colectivo e en patrimonio”. 

Denunciamos que a alcaldesa non remitiu ao Pleno a liquidación do orzamento de 2018