Demandamos solución aos problemas de saneamento na Eira Vella

WhatsApp Image 2018-07-03 at 14.32.35
A Eira Vella chea de faixas da protesta veciñal

"A responsabilidade é do goberno local, nomeadamente do alcalde e a xunta de goberno local, que deciden contratar todas as obras mirando unica e exclusivamente o prezo. Se contratas a oferta máis barata logo pasan estas cousas"

As nacionalistas advirten novamente dun verquido de material sanitario no Camiño da Estación tras rebordar o saneamento polas fortes chuvias

Demandamos solución aos problemas de saneamento na Eira Vella

"A responsabilidade é do goberno local, nomeadamente do alcalde e a xunta de goberno local, que deciden contratar todas as obras mirando unica e exclusivamente o prezo. Se contratas a oferta máis barata logo pasan estas cousas"

As nacionalistas advirten novamente dun verquido de material sanitario no Camiño da Estación tras rebordar o saneamento polas fortes chuvias

Betanzos, 3 de xullo de 2018. O BNG amosou o seu apoio ás protestas da veciñanza da Eira Vella logo de rebordar o saneamento a pasada fin de semana. "A praza leva en obras desde a segunda metade de 2016 e o goberno local ven de rescindir o contrato coa empresa", indicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

As nacionalistas, trasladando o malestar de varias veciñas que transmitiron as súas queixas, lamentan que coas choivas da fin de semana as augas e outros elementos que saian do alcantarillado invadian a praza. Para Del Río "é insalubre, inadmisíbel e desde logo a veciñanza que paga os seus impostos non pode estar nesta situación desde hai anos".

O BNG xa respaldou hai anos unha recollida de sinaturas para que se puxese fin á situación que padece esta veciñanza desde hai anos. "Malia terse debatido no Pleno todo tipo de iniciativas sobre esta situación, o goberno local busca excusas en lugar de solucións: primeiro foi que para a obra había que pedir unha ducia de informes e agora a responsabilidade derívaa sen máis á empresa", lamenta.

"A responsabilidade é do goberno local, nomeadamente do alcalde e a xunta de goberno local, que deciden contratar todas as obras mirando unica e exclusivamente o prezo", explica o edil nacionalista. "Se contratas a oferta máis barata logo pasan estas cousas, e o certo é que a pesar de advertirllo en incontábeis ocasións o alcalde e o goberno sempre poñen como excusa que con máis criterios como melloras ao proxecto sobrecárgase aos técnicos municipais, ou que se usaban os pregos da Deputación e obrigaban a iso", engade.

"Tendo presente que practicamente as únicas obras que fai o Concello de certa entidade son as do plan de obras da Deputación abondará con programar axeitadamente o traballo", indica. "E o dos pregos da Deputación é directamente mentira, daban varias opcións para valorar as ofertas e o goberno local sempre usaba sempre unicamente o prezo, como se fose unha poxa, aínda que cos novos pregos esta escusa tamén se lle acabou", relata.

Verquidos novamente no Camiño da Estación

O BNG denunciou tamén que novamente, coincidindo coas fortes chuvias, rebordou o saneamento no Camiño da Estación. "Isto xa non debería pasar, mais o grave é que ao rebordar saíron á vía pública e quedaron ciscados pola estrada todo tipo de refugallos procedentes do xeriátrico do Coto: cueiros, bragas desbotábeis, gasas, guantes de látex sanitarios...." explica. As nacionalistas indican que quedaron sobre a rúa até que a varredora municipal as retirou tras concluír a limpeza da feira do pasado domingo.

"O problema xa non é que reborde o saneamento, que xa lle chega ben, senón que estes refugallos non poden ir polo retrete e que un establecemento deste tipo ten que tratalos conforme á normativa", engade. Desde o BNG recordan que xa levaron este asunto hai dous anos ao Pleno e o goberno local asegurou que xa o solucionaría, mais negouse a verificar a procedencia de tal cantidade de residuos sanitarios e a sancionar polo verquido á rede de saneamento á residencia.

Demandamos solución aos problemas de saneamento na Eira Vella