Demandamos ao goberno local que aclare que pretende facer para evitar a demolición da fábrica da luz

A candidatura do BNG diante da fábrica da luz
A candidatura do BNG diante da fábrica da luz

“Levamos perdida a conta da de veces que solicitamos protección patrimonial para este edificio único no país desde hai anos, sen que o goberno local  iniciase ningún trámite para garantir a conservación deste inmoble”

Demandamos ao goberno local que aclare que pretende facer para evitar a demolición da fábrica da luz

“Levamos perdida a conta da de veces que solicitamos protección patrimonial para este edificio único no país desde hai anos, sen que o goberno local  iniciase ningún trámite para garantir a conservación deste inmoble”

Betanzos, 31 de maio de 2017. O BNG demandou no Pleno que o goberno local informe á veciñanza dos pasos que ten pensado adoptar para garantir a conservación da Fábrica da Luz, na Ponte Nova. O voceiro nacionalista, Henrique del Río, explicou que “na última xuntanza da xunta de voceiros o alcalde informounos de que Gas Natural Fenosa ven de rexistrar solicitude de licenza de demolición” para o edificio proxectado por González Villar.

“Levamos perdida a conta da de veces que solicitamos protección patrimonial para este edificio único no país desde hai anos, sen que o goberno local  iniciase ningún trámite para garantir a conservación deste inmoble” lamentou o voceiro do BNG. “ Por que motivo adiaron por anos o inicio de calquera trámite de protección deste edificio singular” interpelou ao executivo.

O nacionalista manifestou que resulta particularmente chocante que o PSOE nunca, en todos estes anos, iniciase os trámites para catalogar a Fábrica da Luz porque “os concelleiros e concelleiras do PSOE apoiaron todas as iniciativas que presentamos pedindo a protección e conservación deste inmoble modernista único”. “Tan só hai un mes e medio se dignou a rexistrar unha solicitude de declaración como patrimonio industrial, tarde, mal e a rastro”, lamenta á vista de que Patrimonio reclamou ao Concello que achegase máis documentación á solicitude e fotos enviadas.

“Agora hai un perigo certo de que a eléctrica poida botar abaixo o que queda da fábrica da luz obtendo a licenza do goberno local” advirte o edil. Por este motivo, reclamou ao goberno local que aclare se a súa actitude con respecto á Fábrica da Luz é “a preocupación pola conservación do patrimonio da que tanto se gaban”.

O BNG solicitou, ademais, toda a documentación sobre as tentativas anteriores de Fenosa por botar abaixo a fábrica para construír os edificios que as normas urbanísticas aprobadas polo PSOE en 1986 e 1996 prevén sobre esta factoría modernista.

O alcalde impediu facer a pregunta no Pleno

A intención do BNG era formular a pregunta no Pleno celebrado onte e forzar ao alcalde a responder ao momento sobre a estratexia do goberno local en defensa da fábrica da luz- o habitual é que o PSOE demore un mes a resposta ás preguntas. Pero o alcalde, indo en contra da Lei de Réxime Local, impediu que se celebrase a parte do Pleno destinada ao control da acción do goberno por medio das preguntas. “Unha actitude máis propia doutros tempos”, lamenta Del Río.

Demandamos ao goberno local que aclare que pretende facer para evitar a demolición da fábrica da luz