Demandamos que se mellore a visibilidade en varios cruces movendo colectores de lixo

colector
Colectores de lixo sobre o paso de peóns do inicio da rúa Venezuela, cruce co Rollo


“Esta medida, que melloraría a seguridade viaria na cidade, non ten ningún custo económico, depende soamente da vontade do goberno local”

Demandamos que se mellore a visibilidade en varios cruces movendo colectores de lixo

“Esta medida, que melloraría a seguridade viaria na cidade, non ten ningún custo económico, depende soamente da vontade do goberno local”

Betanzos, 10 de febreiro de 2017. O BNG trasladou ao Pleno o malestar de numerosas veciñas a causa da escasa visibilidade que hai en varios pasos de peóns e cruzamentos do centro urbano. En diversos puntos da cidade, os colectores de lixo situados en interseccións ou pasos de peóns dificultan a visibilidade e comprometen a seguridade, sobre todo das persoas que van a pé.

O voceiro do BNG, Henrique del Río, referiuse a tres deles no último pleno a modo de exemplo. “No cruce da rúa de Venezuela coa do Rollo, na dos Ánxeles coa Cañota ou na Venezuela coa avenida de Castela hai este problema”, indicou. “As persoas uqe nos trasladan este problema insisten en que xa o teñen comunicado a autoridades municipais e que abondaría desprazalos uns metros no maior dos casos, para garantir a seguridade viaria” engadiu.

As nacionalistas recordan que esta medida, que melloraría a seguridade viaria na cidade, non ten ningún custo económico. “Depende soamente da vontade do goberno local” explican, demandando ao PSOE que fixe prazos concretos para “ mellorar a seguridade viaria e a mobilidade peonil”. “De pouco serve vender que estás a deseñar camiños peonís seguros se logo nun simple paso de cebra un colector de vidro fai de pantalla e impide ver se veñen coches até que estás no medio da calzada”, conclúe Del Río.

Demandamos que se mellore a visibilidade en varios cruces movendo colectores de lixo