Cuestionamos que non se cobrase a taxa de caixeiros

Henrique del Río é o voceiro do BNG

“Na conta xeral do ano 2015 non aparece un só euro como ingreso en concepto da taxa por abrir caixeiros automáticos á rúa”

“Agora que tanto se fala de cobrarlles ás grandes empresas como as entidades bancarias, queremos recordar que en Betanzos esta taxa existe desde o ano 2011 e a proposta partiu do BNG”

Betanzos, 2 de novembro de 2016. O BNG denunciou que o goberno local non está cobrando ás entidades bancarias a taxa por instalar caixeiros na rúa. “Na conta xeral do ano 2015 non aparece un só euro como ingreso en concepto da taxa que se estableceu para cobrar ás entidades bancarias por abrir caixeiros automáticos á rúa”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río, que engade que nas restantes taxas por ocupación da vía pública si figuran recollidas as contías ingresadas.

As nacionalistas recordaron que esta taxa se implantou no ano 2011 a proposta do BNG. “Agora que tanto se fala de cobrarlles ás grandes empresas como as entidades bancarias, queremos recordar que en Betanzos esta taxa existe desde o ano 2011 e a proposta partiu do BNG”, indicou Del Río.

O portavoz do BNG explicou que na conta xeral non aparece ningunha cantidade en concepto de recadación por esta taxa a pesar de que hai entidades bancarias que manteñen os caixeiros na vía público. Por este motivo, demandou ao goberno local do PSOE información sobre “se se esta taxa se cobra, e de ser o caso, cal foi a recadación e en que partida do orzamento de ingresos fan as anotacións? En caso contrario, por que non se cobra?”. 

Cuestionamos que non se cobrase a taxa de caixeiros