A SOLUCIÓN PARA GARANTIR A CONTINUIDADE DO CONSERVATORIO NON É PRECARIZAR AS NOVAS CONTRATACIÓNS ATÉ LÍMITES INADMISÍBEIS NUNHA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA, A VÍA PARA TERMOS ASEGURADA A DOCENCIA NUN CONSERVATORIO QUE DE FACTO PRESTA SERVIZOS A TODA A COMARCA É, PRECISAMENTE, COMARCALIZALO

Cuestionamos que o goberno local contrate profesorado para o Conservatorio cando van 2 meses de curso

“É curioso que agora se poida contratar persoal para o Conservatorio e hai un ano, cando o propuxemos nós, non se puidera, e non cambiaron as leis nin a RPT, só cambiou de criterio o PSOE, xa dirán por que”

Cuestionamos que o goberno local contrate profesorado para o Conservatorio cando van 2 meses de curso

“É curioso que agora se poida contratar persoal para o Conservatorio e hai un ano, cando o propuxemos nós, non se puidera, e non cambiaron as leis nin a RPT, só cambiou de criterio o PSOE, xa dirán por que”,

“A solución para garantir a continuidade do conservatorio non é precarizar as novas contratacións até límites inadmisíbeis nunha Administración Pública, a vía para termos asegurada a docencia nun conservatorio que de facto presta servizos a toda a comarca é, precisamente, comarcalizalo”

Betanzos, 12 de novembro de 2019. O BNG amosou a súa sorpresa pola apertura dun proceso selectivo para contratar un profesor de percusión para o Conservatorio Municipal Carlos López García-Picos, publicada no BOP do 12 de novembro. “Contratar profesorado, no mellor dos casos a finais de novembro ou decembro, para un curso que comezou en outubro é, desde logo, todo un exemplo de previsión e planificación”, ironiza o voceiro nacionalista, Henrique dl Río.

“O curso 2018-19 rematou no conservatorio municipal Carlos López García Picos sen que se cubrise a praza de docente de percusión, vacante desde xaneiro, co que isto supuxo de prexuízo para o alumnado e a súa formación nun centro docente oficial público, como é o caso” explicou o portavoz municipal do BNG.

Ademais, relata, “segundo nos trasladaron familias afectadas, nunha xuntanza convocada pola concelleira responsábel e o director do centro, pouco menos que se convidaba ás familias afectadas a matricularse noutros conservatorios elementais, sabendo que non hai prazas abondo na contorna”, relatou. “Sen ter profesorado, na oferta de matrícula do centro para o este curso que comezou en outubro ofertábanse 5 prazas de percusión en primeiro curso do ciclo elemental que se imparte” abundou. “Debe de ser que, contra todo prognóstico e a pesar da lamentábel xestión do curso pasado, apareceu alumnado e o goberno local viuse na obriga de contratar profesorado”, ironiza Del Río.

“Resulta lamentábel que, estando sen profesorado da materia desde xaneiro do pasado ano, sexa a mediados de novembro, co curso iniciado, cando a María Barral e o seu goberno se lles acorda solucionar un problema que eles mesmos crearon por incompetencia”, engaden desde o BNG. “Sobre todo cando fixeron o imposíbel por que non houbera alumnado na materia”, abundan.

“O que é curioso é que agora se poida contratar persoal para o Conservatorio e hai un ano, cando o propuxemos nós, non se puidera”, ironiza Del Río. “Sobre todo tendo presente que non mudou ningunha lei sobre emprego público en todo este tempo”, engade o edil do BNG.

“En xaneiro, no Pleno, cando propuxemos contratar persoal para cubrir a docencia de percusión, Barral e o seu goberno aseguraron que ‘non é posible a nova contratación posto que non existe na RPT unha praza vacante e a asunción desa materia por outro mestre do conservatorio tampouco é posible’”, relata o voceiro nacionalista. “A lei e a RPT son as mesmas, por que agora poden?”, pregunta.

“Está claro que é unha cuestión de vontade política e ao PSOE non lle levou idea antes solucionar a carencia de profesorado no conservatorio municipal”, explica Del Río. “Estaría ben daquela que expliquen publicamente por que agora cambian de criterio, que cambiou?”, indica.  “Porque deterioraron o servizo deliberadamente ao cruzarse de brazos sen dar solución, de xaneiro a xuño” remarca. “E falamos de ensino público, que din que é a súa prioridade”, conclúe.

Rebaixa nas condicións laborais

 

As nacionalistas advirten tamén que a contratación que promove o goberno local supón unha rebaixa nas condicións laborais con respecto ás restantes prazas de docentes do Conservatorio. “Un grupo III para un par de horas supón que por 32 horas ao mes este docente cobraría algo máis de 250 euros brutos, mais a parte proporcional das extras”, explica Del Río. “Precarízase aínda máis o emprego no Conservatorio con estas condicións que establece, como lle peta, a alcaldesa na convocatoria”, engade.

“A solución para garantir a continuidade do conservatorio non é precarizar as novas contratacións até límites inadmisíbeis nunha Administración Pública mentres outros docentes cobran máis que o secretario da Corporación”, advirten as nacionalistas. “A vía para termos asegurada a docencia nun conservatorio que de facto presta servizos a toda a comarca é, precisamente, comarcalizalo para garantir o seu funcionamento, viabilidade e redimensionamento”, conclúe Del Río.