Cuestionamos que se contrate persoal para as festas tendo servizos básicos sen persoal

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

“Obviamente preferimos isto á privatización que fixeron para o mesmo cometido os últimos anos, pero é un persoal que non é necesario, un gasto superfluo mentres para servizos básicos o goberno local se nega, con excusas que neste caso non contempla, a contratar persoal”

Cuestionamos que se contrate persoal para as festas tendo servizos básicos sen persoal

“Obviamente preferimos isto á privatización que fixeron para o mesmo cometido os últimos anos, pero é un persoal que non é necesario, un gasto superfluo mentres para servizos básicos o goberno local se nega, con excusas que neste caso non contempla, a contratar persoal”

Betanzos, 7 de maio de 2018. O  BNG cuestionou que o goberno local convocase un proceso selectivo para contratar tres persoas para a organización da Feira Franca Medieval, as Balconadas e as festas de agosto. “O PSOE continúa contratando persoal para cousas suntuarias e prescindíbeis, como isto ou a lancha municipal, mentres privatiza servizos como acaba de facer coa limpeza dos centros escolares ou ten sen persoal abondo, como o caso da escola infantil”, denunciou o voceiro do BNG, Henrique del Río.

“Para os servizos que as veciñas usamos a diario todo son excusas para non contratar persoal, mentres que para festas nunca teñen reparo en contratar, aínda cando sexan prazas que non existen nin nos orzamentos nin no cadro de persoal ou a RPT”, explica. “Queda moi clariño que entre servizos de calidade para todo o ano ou dous meses de festas, o goberno local prioriza as festas”, lamenta.

As nacionalistas aseguran que, ademais, o goberno local xestiona dunha maneira pésima o persoal. “Só contratan despois de varias denuncias do comité de empresa diante da Inspección de Traballo por este asunto,  e logo de anos contratando persoal para estes cometidos con fraude, recorrendo a empresas privadas e outras artimañas que sempre acababan con persoal alleo ao Concello utilizando medios, edificios e instalacións municipais para o seu traballo”, relatan. Entenden que isto, ao final, ven dar a razón cando se denunciaban estas irregularidades.

“Obviamente preferimos isto á privatización que fixeron para o mesmo cometido os últimos anos, pero é un persoal que non é necesario, un gasto superfluo mentres para servizos básicos o goberno local se nega, con excusas que neste caso non contempla, a contratar persoal”, explica Del Río.

Solicitude de informes que avalen a contratación

O BNG solicitou os informes técnicos que avalen este proceso selectivo, sen fondos para persoal previstos no orzamento nin praza no cadro de persoal. “É un proceso selectivo un tanto estrano, con só 18 preguntas nun test onde ningunha errónea resta e con 6 temas bastante raros, como o ‘rueiro de Betanzos’ e outros moito máis indeterminados”, explica. “Realmente dá moito que pensar”, engade.