"SE FOSE PARA ASUMIR O INVESTIMENTO NUN NOVO SERVIZO, POIS ATÉ SERÍA LÓXICO ASUMILO, PERO É PARA AFRONTAR O GASTO DESAFORADO DE PRECAMPAÑA"

Cuestionamos que o Concello se vexa obrigado a un plan finaceiro por deixar medio millón de euros sen pagar desde o 2018

gasolineira

"É o enésimo plan de estabilidade que ten que asumir o Concello, e se fose para asumir o investimento nun novo servizo, pois até sería lóxico asumilo, pero é para afrontar o gasto desaforado de precampaña que o PSOE fixo a conta das arcas municipais, exactamente igual que hai catro anos e que hai oito"

Betanzos, 17 de setembro de 2019. O BNG criticou que o goberno local de Betanzos obrigue ao concello a aprobar un plan de saneamento financeiro debido á súa política económica. “O que nos avoca a aprobación deste plan de aforro é o gasto descontrolado do goberno local sen fondos e fora do orzamento e a súa forma de xestionar a contratación pública “a dedo” e incumprindo a lei de contratos”, explicou o portavoz nacionalista Henrique del Río, “este plan é consecuencia da liquidación do 2018 que a alcaldesa nos ocultou até que pasaron as eleccións para que esta nefasta xestión non afectase ao resultado electoral”, engadiu.

"Se fose para asumir o investimento nun novo servizo, pois até sería lóxico asumilo, pero é para afrontar o gasto desaforado de precampaña"

O nacionalista anunciou o seu voto en contra desta proposta de plan de financeiro. “Cando contrataron sen fondos ou achegan facturas de empresas mes tras mes sen contrato que as avale non nos pediron o noso apoio, a responsabilidade desta forma irresponsábel de gastar os cartos públicos non a imos a asumir no BNG terá que asumilo o goberno local”, criticou Del Río. “464 mil euros quedaron sen pagar do ano 2018 por gastar sen fondos fora do orzamento, por iso están obrigados a aprobar este Plan. É froito da súa mala xestión e supón que agora hai parte do orzamento deste ano que non poden gastar, no capítulo de gasto corrente e no de transferencias”, explicou o portavoz do BNG.

Desde o BNG criticaron tamén que este Plan “non é máis que unha declaración de intencións xa que non se declara a indispoñibilidade dos créditos como reclama a interventora no seu informe, así que poderían gastar igual os créditos afectados e seguir afondando no problema para o concello e para as empresas que traballan para a administración que ven como se alonga o periodo de pago até máis de 40 días de media”.

"É o enésimo plan de estabilidade que ten que asumir o Concello, e se fose para asumir o investimento nun novo servizo, pois até sería lóxico asumilo, pero é para afrontar o gasto desaforado de precampaña que o PSOE fixo a conta das arcas municipais, exactamente igual que hai catro anos e que hai oito" puntualiza Del Río.

Cuestionamos que o Concello se vexa obrigado a un plan finaceiro por deixar medio millón de euros sen pagar desde o 2018