Cremos que unha fundación privada non é a mellor maneira de preservar un patrimonio de todas as betanceiras coma o globo

“Cremos que o Concello ten que ter moito máis que dicir nunha tradición como esta, que se ben é certo que o globo o constrúe unha familia, non é menos certo que é patrimonio de todas as betanceiras”

“Todas as betanceiras sentimos orgullo das nosas tradicións, o debate en todo caso é ‘globo si, pero como’ e desde ese punto de vista teremos que buscar un encaixe legal que ademais sexa o mellor para todas as betanceiras”

Betanzos, 20 de abril de 2018. O BNG realizou una primeira valoración da proposta que o goberno local incluíu no pleno do vindeiro martes para facer una fundación privada para que xestione o Globo de Betanzos. “Está claro que hai que buscar unha solución para o do globo, non se poden estar pagando 17.700 euros ao ano de maneira totalmente irregular”, explicou o voceiro do BNG, Henrique del Río.

Neste sentido, as nacionalistas lamentan que “a primeira noticia que temos desta proposta sexa coa convocatoria do Pleno, cando tivemos varias xuntanzas e comisións nestas semanas previas e en ningún momento o goberno local nos informou desta proposta cociñada de xeito unilateral que levan a pleno”.

“Entendemos que a fórmula que buscou o goberno local non é a maneira máis acaída de darlle solución a esta situación irregular”, explica. “Cremos que o Concello ten que ter moito máis que dicir nunha tradición como esta, que se ben é certo que o globo o constrúe unha familia, non é menos certo que é patrimonio de todas as betanceiras”, engade o edil do BNG.

“Cremos que o Concello ten que dicir moito máis, e haberá que analizar detidamente a proposta que nos remitiu o goberno local na tarde de onte”, explica Del Río. “A fórmula non nos convence, mais teremos que analizala de vagar para poder elaborar unha proposta alternativa”, explica.

“Non queremos que isto se intente converter nun debate ‘globo si ou globo non’, porque é obvio que ‘globo si’” explica Del Río. “Todas as betanceiras sentimos orgullo das nosas tradicións, o debate en todo caso é ‘globo si, pero como’ e desde ese punto de vista teremos que buscar un encaixe legal que ademais sexa o mellor para todas as betanceiras” engade o edil do BNG.

Le ti mesma a proposta e opina por ti mesma