Convocamos para o luns á veciñanza da Condesa a unha asemblea informativa sobre a gasolineira que se está construír na circunvalación

Un intre do acto informativo
Un intre do acto informativo

A xuntanza informativa, prevista para o luns ás 21 h, está acompañada dunha edición especial do boletín informativo do BNG para o barrio onde as nacionalistas repasan os trámites seguidos polo goberno local sen facelos públicos en ningún momento e as afeccións que a estación de servizo pode ter na vida do barrio, no camiño seguro escolar que por alí pasa, no tránsito na circunvalación e no patrimonio a curto e medio prazo.

Ningún grupo da Corporación apoiou a moción do BNG no Pleno que pedía informar á veciñanza e buscar a vía de paralizar a construción da estación de servizo na zona onde o goberno local prevé que se expanda o casco urbano.

Betanzos, 11 de agosto de 2018.  O BNG celebrará este luns 13 unha asemblea informativa na Condesa para facilitar á veciñanza información sobre a gasolineira que o goberno local autorizou a construír pegada á pista deportiva do barrio. A cita será ás 21:00 h na praza Enrique Riego, no centro do barrio- logo de suspender o pasado xoves a cita a causa da xornada de chuvia rexistrada (e en caso de mal tempo, tense solicitado o local social da Condesa para celebrala).

As nacionalistas trasladaron o asunto ao último pleno, por medio dunha moción na que se pedía que o goberno local informase do proxecto á veciñanza e que explorase todas as vías para revisar a licenza outorgada na xunta de goberno local o 28 de xuño pasado. “Un goberno leal coa veciñanza á que se debe informa dun tema como este, en lugar de xogar ao despiste e ocultalo até que non ten volta”, explicou o edil do BNG, Henrique del Río, na sesión. Ningún grupo da Corporación apoiou esta demanda de informar á veciñanza e buscar a vía de paralizar a construción da estación de servizo na zona onde o goberno local prevé que se expanda o casco urbano.

“En todas partes a tendencia e a sacar estas instalacións da beira das casas e instalalas nas aforas, menos en Betanzos, que como noutras cousas parece que imos cara atrás”, afirmou Henrique del Río, portavoz do BNG.  As nacionalistas cuestionan que se permita construír a 200 metros doutra gasolineira, a carón do barrio da Condesa e na zona de protección do Pasatempo e de outros bens de interese patrimonial, como o Convento de Donas ou o Camiño Real de Infesta.