BETANZOS TEN QUE TER INFRAESTRUTURA DIVERSIFICADA PARA ACOLLER TODO TIPO DE PERFÍS TURÍSTICOS, ALGO DO QUE HISTORICAMENTE CARECE. POR ESTE MOTIVO O BNG PROMOVERÁ A CREACIÓN DUNHA EMPRESA PÚBLICA QUE XESTIONE UN CÁMPING MUNICIPAL E UNHA REDE DE ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS NO ENTORNO MONUMENTAL

Celebramos a posta en marcha da área de autocaravanas, que levamos décadas propoñendo

quique meli
Henrique del Río e Amelia Sánchez nun acto público

Betanzos ten que ter infraestrutura diversificada para acoller todo tipo de perfís turísticos, algo do que historicamente carece. Por este motivo o BNG promoverá a creación dunha empresa pública que xestione un cámping municipal e unha rede de establecementos hoteleiros no entorno monumental

“Esta instalación é outra proba de que as propostas que fai o BNG son as que Betanzos precisa para avanzar”

Celebramos a posta en marcha da área de autocaravanas, que levamos décadas propoñendo

Betanzos ten que ter infraestrutura diversificada para acoller todo tipo de perfís turísticos, algo do que historicamente carece. Por este motivo o BNG promoverá a creación dunha empresa pública que xestione un cámping municipal e unha rede de establecementos hoteleiros no entorno monumental

“Esta instalación é outra proba de que as propostas que fai o BNG son as que Betanzos precisa para avanzar”

Betanzos, 9 de febreiro de 2019. O BNG amosou a súa satisfacción pola apertura da área de autocaravanas de Betanzos, en cuxa apertura participou esta mañá o portavoz nacionalista. “É unha demanda histórica que vimos defendendo desde hai máis dunha década por medio de todo tipo de iniciativas” recordou o voceiro nacionalista, Henrique del Río. “De sempre defendimos que un investimento como este, modesto, permitiría diversificar as opcións de turismo na nosa cidade e desestacionalizalo” explicou. 

“Esta instalación é outra proba de que as propostas que fai o BNG son as que Betanzos precisa para avanzar, polo que celebramos que sexa á fin unha realidade tras máis dunha década poñendo a proposta enriba da mesa”, enfatiza. O nacionalista abunda en que “as autocaravanas son un modelo de turismo en expansión e a nosa cidade, situada nunha ruta de autocaravanas, tiña que incorporarse aos municipios con áreas de autocaravanas” explica. “Isto diversifica a oferta turística e colócanos no mapa mellor que unha campaña publicitaria convencional”, enfatizou.

“Esta instalación é outra proba de que as propostas que fai o BNG son as que Betanzos precisa para avanzar”

As nacionalistas entenden que cómpre continuar a avanzar na diversificación da infraestrutura turística en Betanzos. Por este motivo, desde o BNG apostan por crear unha rede de pequenos estabelecementos hoteleiros de calidade, baixo unha marca que os distinga e identifique, no Casco Histórico e outros entornos monumentais. Para levar adiante esta proposta, o BNG contemplará a creación dunha empresa pública, que poñerá en marcha tamén un camping municipal. “Betanzos ten que ter infraestrutura diversificada para acoller todo tipo de perfís turísticos, algo do que historicamente carece”, explica Del Río.

Aposta por un turismo cultural centrado no patrimonio singular da cidade

Betanzos debe converterse, desde o punto de vista do BNG, nun destino que combine o turismo cultural e medioambiental. “A historia e a natureza son os potenciais turísticos da nosa cidade: o Casco Histórico, o Pasatempo e o patrimonio histórico, o viño e os espazos naturais son os elementos que fan de Betanzos algo diferente e polos que o Concello debe apostar na súa oferta turística” explica o nacionalista Henrique del Río.

“Nas accións de difusión enfocadas ao turismo buscarase facer visíbel a nosa lingua e cultura, como un factor  identitario e como un importante atractivo do noso país” apunta o candidato nacionalista. Entre as propostas nacionalistas figura o estudo, posta en valor e indicación nos roteiros dos lugares singulares de Betanzos coma os túneles do Casco Histórico ou o cemiterio vello. “Son elementos que están aí e aos que nunca se lles prestou atención nin se puxeron en valor”, explica.

Celebramos a posta en marcha da área de autocaravanas, que levamos décadas propoñendo