“CANDO FIXEMOS AMBAS PROPOSTAS TIVEMOS QUE AS DESCUALIFICACIÓNS DO GOBERNO LOCAL, E AGORA RESULTA QUE A PROPIA RESOLUCIÓN QUE DECLARA BIC O PASATEMPO RECOLLE OS CRITERIOS QUE NÓS DEFENDIAMOS”

Celebramos que a declaración BIC do Pasatempo recomende analizar a retirada da pasarela e a estrada

Henrique del Río atendendo aos medios de comunicación no Pasatempo
Henrique del Río atendendo aos medios de comunicación no Pasatempo

Ao estimarse as alegacións do BNG os relevos situados nos muros exteriores, a fonte das Catro Estacións, a estatua da Caridade e o muro orixinal que queda entre a piscina e o polideportivo son tamén BIC.

Celebramos que a declaración BIC do Pasatempo recomende analizar a retirada da pasarela e a estrada

“Cando fixemos ambas propostas tivemos que as descualificacións do goberno local, e agora resulta que a propia resolución que declara BIC o Pasatempo recolle os criterios que nós defendiamos”

Ao estimarse as alegacións do BNG os relevos situados nos muros exteriores, a fonte das Catro Estacións, a estatua da Caridade e o muro orixinal que queda entre a piscina e o polideportivo son tamén BIC.

Betanzos, 21 de febreiro de 2020. O BNG celebrou que a Xunta tivera en conta as alegacións presentadas pola formación á hora de declarar Ben de Interese Cultural o Pasatempo. “A resolución inicial deixaba fóra cousas coma o peche do parque, con relevos como o da torre de Pisa, e elementos orixinais como a fonte das Catro Estacións, a estatua da Caridade ou o muro orixinal que queda entre o polideportivo e a piscina”, recorda o voceiro nacionalista, Henrique del Río. “As nosas alegacións contribuíron a que hoxe sexan tamén elementos protexidos”, abunda.

As nacionalistas demandaban á Xunta que contemplase, de cara á conservación do Pasatempo, a retirada da pasarela e a estrada que corre a carón do Estanque do Retiro. A resolución publicada onte no DOG prevé que o plan de conservación do parque enciclopécico inclúa criterios para a “corrección, modificación ou eliminación de partes non orixinais ou elementos que poidan ameazar a conservación, deturpar a contemplación ou prexudicar a interpretación, en especial a xardinaría e a pasarela e escaleiras metálicas de acceso de implantación máis recente”.

Do mesmo xeito, o plan de conservación exixirá analizar os “efectos do tráfico limítrofe para a conservación do ben e, de ser o caso, medidas e alternativas” así como “o estudo, análise e interpretación dos accesos e percorridos orixinais e o seu estado actual, nas axeitadas condicións de accesibilidade e seguridade”.

“Isto ven dicir que se entende que é fulcral, para conservar o parque, analizar a retirada da pasarela e a estrada, como vimos dicindo desde hai anos”, explica o voceiro do BNG. “Cando fixemos ambas propostas tivemos que as descualificacións do goberno local, e agora resulta que a propia resolución que declara BIC o Pasatempo recolle os criterios que nós defendiamos”, apunta Del Río. “Inexplicablemente, mentres nos alegabamos para protexer máis elementos orixinais do parque e garantir a súa estabilidade e conservación o goberno do PSOE pedía reducir o seu ámbito de protección”, concluíu.

Celebramos que a declaración BIC do Pasatempo recomende analizar a retirada da pasarela e a estrada