Celebramos a catalogación da Fábrica da Luz, que pedimos desde hai décadas

A candidatura do BNG ante a Fábrica da Luz

“A catalogación da fábrica da luz é un primeiro paso para evitar a súa desaparición, pero é necesario que Concello e Xunta actúen canto antes para que a propietaria free o proceso de degradación”

“Cremos que se pode crear na fábrica un complexo para goce da veciñanza que dea solución a algunhas das carencias que actualmente o barrio da Madalena ten”

Betanzos, 14 de xullo de 2017. O BNG celebrou a declaración provisoria como monumento da Fábrica da Luz publicada no DOG de onte. “Alegrámonos deste primeiro paso, agardamos que a Xunta conclúa canto antes a catalogación definitiva”, explicou o voceiro do BNG, Henrique del Río.

“A catalogación da fábrica da luz é un primeiro paso para evitar a súa desaparición, pero é necesario que Concello e Xunta actúen canto antes para que a propietaria free o proceso de degradación”, explica. Neste sentido as nacionalistas demandaron ao goberno local que adopte canto antes as medidas que procedan para reclamar a Fenosa a conservación do monumento.

“O Pleno acordou, por iniciativa nosa, iniciar conversas cos propietarios para que a Fábrica da Luz teña un uso público e pedímoslle ao goberno local que, xunto coa conservación do edificio, actúe neste sentido”, explica o voceiro nacionalista. “Cremos que se pode crear na fábrica un complexo para goce da veciñanza que dea solución a algunhas das carencias que actualmente o barrio da Madalena ten” explica.

“No BNG vimos defendendo, desde hai décadas, a protección e adquisición deste inmoble para, tras a súa rehabilitación, acoller un complexo cultural no que teñan cabida locais para asociacións, dependencias para actividade cultural e recreativa, espazos de convivio e de posta en valor do propio edificio e a súa historia” explica Del Río.

Desde o BNG entenden que a catalogación provisional é un primeiro paso. “De nada servirá se se permite aos propietarios que o edificio continúe a caer”, engaden.

Celebramos a catalogación da Fábrica da Luz, que pedimos desde hai décadas