O BNG trasladou ao Pleno o malestar dos usuarios da Pescadería pola rampla de acceso colocada

O BNG trasladou ao Pleno o malestar dos usuarios da Pescadería pola rampla de acceso colocada

No mercado municipal hai moitos postos desocupados actualmente

“Quéixanse de que a rampla de acceso recén instalada carece de pasamáns ou pavimento antideslizante. O resultado é que cando está mollado, que son as máis das veces, a xente esbara”

Betanzos, 31 de outubro de 2014. O BNG trasladou ao Pleno as queixas dos usuarios e vendedores da praza municipal de abastos polo resultado das obras que se levaron a cabo recentemente na Pescadería.

“Quéixanse de que a rampla de acceso recén instalada carece de pasamáns ou pavimento antideslizante. O resultado é que cando está mollado, que son as máis das veces, a xente esbara. Cousa que se ven complicar co feito de que o acceso tal como se colocou a porta de vidro se fai precisamente pola rampla”, explicou o voceiro do BNG Henrique del Río.

Os nacionalistas pediron explicación ao goberno local do PSOE acerca de porque non contemplaron unha cousa tan elemental coma esta nas obras e exixiron prazos concretos para solucionalo. “Parece que o goberno local ten máis interese por publicitar obras que por mellorar as cousas”, criticou Del Río. “Neste caso concreto, a actuación do goberno do PSOE foi crear un problema onde non o había”.

Os nacionalistas cuestionaron tamén a utilidade da porta automática, xa que na práctica a porta está sempre aberta. “Puxeron unha porta automática e agora está sempre aberta o que entendemos que é contraproducente por un tema de hixiene nun mercado municipal”, concluíu Del Río.

O BNG trasladou ao Pleno o malestar dos usuarios da Pescadería pola rampla de acceso colocada