O BNG traballará para sacar adiante o seu programa desde a oposición

Henrique del Río e Xosé Vales executarán o seu compromiso cos veciños e veciñas de Betanzos desde a oposición. Os nacionalistas cumpren coa palabra dada ao non permitir un goberno do PP en Betanzos. O BNG intentará chegar a acordos puntuais co goberno do PSOE nos temas de importancia para o futuro de Betanzos.

Betanzos, 17 de xuño de 2011. O BNG non conformará un goberno de coalición en Betanzos. Así o acordou a Asemblea Local tras analizar os resultados obtidos o pasado mes de maio e valorar o escenario político aberto en Betanzos.

O BNG foi fiel á palabra dada aos veciños e veciñas e cumpriu o seu compromiso de non favorecer un goberno do PP. As numerosas irregularidades protagonizadas polo goberno de María Faraldo e o abandono das necesidades reais da xente os últimos catro anos levaron ao BNG a tomar a decisión de apoiar ao PSOE na investidura para evitar que se repetira un goberno da dereita en Betanzos.

Neste sentido, os edís do BNG intentarán condicionar ao goberno local para levar adiante unha política de esquerdas en beneficio das maiorías sociais. Os nacionalistas apoiaron a investidura do candidato do PSOE en base ás coincidencias programáticas que  abarcan distintos aspectos, ben dotacionais- a construcción do colexio ou do centro de día público-, ben a nivel de prioridades políticas- impulso á rehabilitación do Casco Histórico e a redación do Plan Xeral, creación de emprego, promoción da participación cidadá ou transparencia.

O BNG rexeita entrar a formar parte dun goberno de coalición en Betanzos, por non darse as condicións necesarias para poder levar adiante o seu proxecto político. Os nacionalistas amósanse convencidos de que a alternativa que Betanzos precisa é un goberno liderado polo BNG. Por este motivo, como explicou a Responsábel Local do BNG, Pilar Otero, “Henrique del Río e Xosé Vales executarán o seu compromiso cos veciños e veciñas de Betanzos, plasmado no programa de goberno do BNG, desde a oposición”.

O BNG traballará para sacar adiante o seu programa desde a oposición