O BNG traballará desde a oposición para sacar adiante o seu programa

"O BNG apoiou a investidura do candidato do PSOE como un mal menor e como única forma de evitar que María Faraldo seguise como alcaldesa".

O BNG traballará desde a oposición para sacar adiante o seu programa

"O BNG apoiou a investidura do candidato do PSOE como un mal menor e como única forma de evitar que María Faraldo seguise como alcaldesa".

Betanzos, 7 de xullo de 2011. O xornal "Betanzos e a súa comarca" recolle no número deste mes un artigo do Consello Local sobre a situación política de Betanzos tras as eleccións municipais do pasado 22 de maio e a análise e decisións que tomou o BNG. Polo seu interese reproducímolo a seguir de xeito íntegro.

O BNG traballará desde a oposición para sacar adiante o seu programa

O BNG cumpriu co seu compromiso de non permitir un goberno do PP en Betanzos. Déramos a nosa palabra de impedir que María Faraldo tivese oportunidade de repetir as numerosas irregularidades cometidas durante o seu goberno- algunhas na Fiscalía- e cumprimos coa palabra que deramos aos betanceiros e betanceiras.

Exixiremos ao goberno local un xiro á esquerda no gasto do Concello

Por este motivo, o BNG apoiou a investidura do candidato do PSOE como un mal menor e como única forma de evitar que María Faraldo seguise como alcaldesa. Este apoio exixirá do goberno local un xiro á esquerda no gasto do Concello e evitará que os recortes afecten aos servizos esenciais.

O BNG esixirá do goberno local unha actuación decidida en distintos ámbitos,  ben dotacionais- a construcción do colexio ou do centro de día público-, ben a nivel de prioridades políticas- impulso á rehabilitación do Casco Histórico e a redación do Plan Xeral, creación de emprego, promoción da participación cidadá ou transparencia da administración municipal.

O BNG apoiou a investidura do candidato do PSOE como un mal menor

O BNG non conformará un goberno de coalición en Betanzos. O BNG traballará desde a oposición para levar adiante a súa alternativa de futuro para Betanzos. Rexeitamos entrar a formar parte dun goberno de coalición en Betanzos por non darse as condicións necesarias para poder levar adiante o noso proxecto político con garantías.

Por este motivo, levaremos adiante o noso programa desde a oposición tratando de condicionar a actuación do goberno municipal.

O BNG traballará desde a oposición para sacar adiante o seu programa