O BNG responsabiliza ao goberno do PSOE do incumprimento da Lei de Memoria Histórica

Monumento dedicado a Antolín Faraldo
Monumento dedicado a Antolín Faraldo

O cumprimento da Lei permitiría colocar o retrato de Antolín Faraldo na Sala Capitular, como acordou o pleno en 2005

O BNG reclama o cumprimento do acordo plenario para ubicar na sala de plenos o retrato de Antolín Faraldo.

O BNG responsabiliza ao goberno do PSOE do incumprimento da Lei de Memoria Histórica

O cumprimento da Lei permitiría colocar o retrato de Antolín Faraldo na Sala Capitular, como acordou o pleno en 2005

O BNG reclama o cumprimento do acordo plenario para ubicar na sala de plenos o retrato de Antolín Faraldo.

Betanzos, 4 de xaneiro de 2012. O BNG presentou no ultimo pleno unha iniciativa reclamando ao goberno local o cumprimento da Lei de Memoria Histórica. O portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, lembrou que “o 25 de outubro o BNG trouxo ao pleno unha moción para retirar as honras públicas que Betanzos aínda rende aos persoeiros franquistas” pero que “non se tomaron acordos neste sentido” na comisión convocada a raíz do acordo plenario impulsado polo BNG.

O voceiro nacionalista reprochou no debate plenario que o anterior alcalde do PSOE bloqueou a aplicación dun acordo similar adoptado polo Pleno no ano 2005. Tamén censurou que a anterior alcaldesa, do PP, se resistira a aplicar a Lei de Memoria Histórica, vixente desde outubro de 2007, e mantivese os recoñecementos aos franquistas. “Non ten pensado cumprir coa Lei este goberno local?” interpelou Del Río ao actual goberno do PSOE.

Por este motivo, desde o BNG reclaman unha nova convocatoria da Comisión de Honras para tomar todos os acordos necesarios “para cumprir a Lei de Memoria Histórica e retirarlle as honras públicas ao xeneral Franco, a ducia de ministros franquistas e demais cargos políticos e militares do réxime”. “O actual goberno municipal non parece estar polo labor de retirarlle o recoñecemento do Concello ao franquismo” asegura Del Río.

O voceiro nacionalista lembrou que co acordo plenario de 2005 e a Lei, habería que retirar o retrato dun xeneral franquista que permanece na galería de honra da Sala Capitular. “Hai un acordo plenario para ubicar aí o retrato de Antolín Faraldo, Fillo Predilecto de Betanzos por iniciativa do BNG”, insisten os nacionalistas.