ORA

O BNG reclamou ao goberno local que garanta o cumprimento das melloras da ORA

O BNG reclamou ao goberno local que garanta o cumprimento das melloras da ORA

“A empresa, Setex Aparki, comprometerase a habilitar un sistema similar ao que puxo en marcha na Coruña, coa posibilidade realizar o pago por teléfono e a implantación dun sistema fotogrúa, entre outras melloras.Mais, a realidade é que 5 meses despois todo segue exactamente igual”

No orzamento aprobado hai uns meses polo goberno local co apoio de BN e CxG, segue sen aparecer valorado ningún ingreso en concepto da ORA e guindastre

tarxetaORABetanzos, 5 de agosto de 2016. O BNG reclamou no Pleno a deber do goberno local de velar polo cumprimento do contrato da ORA. “Transcorridos máis de 5 meses desde que o goberno decidira prorrogar de novo contrato á empresa concesionaria da ORA, esta segue sen implantar as melloras ás que se comprometera a cambio da renovación do contrato”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. “A empresa, Setex Aparki, comprometerase a habilitar un sistema similar ao que puxo en marcha na Coruña, coa posibilidade realizar o pago por teléfono e a implantación dun sistema fotogrúa, entre outras melloras”, recordou Del Río.

“Mais, a realidade é que 5 meses despois todo segue exactamente igual e no orzamento aprobado hai uns meses polo goberno local co apoio de BN e CxG, tampouco aparece valorado ningún ingreso en concepto da ORA e guindastre”, recordou. “Esperamos que o goberno tome medidas para facer que a empresa cumpra o contrato e non que sigamos como até o de agora sen ingresar un só céntimo da empresa concesionaria”.

O portavoz nacionalista requiriu ao goberno que explique “que medidas pensa tomar o goberno local para garantir o cumprimento destas melloras? Que prazos baralla para a súa implantación? Pensa o goberno que 5 meses non é prazo abondo para esixir da empresa o cumprimento dos seus compromisos?”. O BNG leva anos denunciando a situación da empresa concesionaria do servizo de ORA que non ingresa nada ás arcas municipais. No mes de maio PP e PSOE decidiron renovarlle de novo o contrato a través dunha prórroga de dubidosa legalidade.