O BNG reclama que se repare ou se repoña o equipamento audiovisual do Salón Azul do Liceo

O BNG reclama que se repare ou se repoña o equipamento audiovisual do Salón Azul do Liceo

“É isto o que o PSOE considera dinamizar a actividade cultural no noso Concello?”

Betanzos, 31 de maio de 2013. O BNG reclamou no Pleno que se repare ou se repoña o equipamento audiovisual do Salón Azul do Edificio Liceo. “O equipamento audiovisual do denominado Salón Azul do Edificio Arquivo presenta un deterioro máis que notábel”, explicou a concelleira María Otero “micrófonos que estalan e proxector co lente estragado que fai inviábeis as proxeccións audiovisuais”.

“Non hai moito, o alcalde anunciaba na prensa unha partida orzamentaria inexistente para dotar o cine Alfonsetti de equipamento audiovisual, mentres se mantén neste estado o equipamento das salas que teñen uso continuo por parte das asociacións e colectivos”, criticou a María Otero.

Os nacionalistas reclamaron que o goberno local repare ou repoña os elementos danados. “É isto o que o PSOE considera dinamizar a actividade cultural no noso Concello?”, ironizou a nacionalista, “gástanse mais de 200 euros nunhas laminas para agasallar na presentación dun libro, pero non se ten un mínimo interese en manter o equipamento necesario para facer actividades culturais”.

“Hai meses que levamos a Pleno unha proposta para que o goberno local creara unha caixa de recursos destinados ás asociacións e colectivos para que poidan levar a cabo as súas actividades”, explicou o voceiro nacionalista Henrique del Río. “O goberno local di que esta caixa de recursos xa existe. A nosa dúbida é se está no mesmo estado o material que se empresta ás asociacións e entidades para as súas actividades?”, ironizou Del Río.

O BNG reclama que se repare ou se repoña o equipamento audiovisual do Salón Azul do Liceo