O BNG reclama que o punto limpo abra toda a semana

Henrique del Río e María Otero nunha comparecencia pública
O BNG reclama que o punto limpo abra toda a semana

Henrique del Río e María Otero nun acto público

Os nacionalistas denunciaron que o punto limpo tan só abre dous días á semana. “Coa taxa do lixo a xente está pagando un servizo que agora mesmo non se empresta no punto limpo”.

Betanzos, 3 de setembro de 2012. O BNG denunciou no Pleno o deficiente funcionamento do punto limpo de Betanzos, ubicado no polígono de Piadela. Segundo indicaron numerosos veciños aos nacionalistas, “o punto limpo tan só abre á tarde dous días á semana, os martes e venres”.

“Isto provoca un grave prexuizo aos veciños e veciñas que achegan o lixo e se atopan con que está pechado”, asegurou no Pleno a concelleira María Otero, que asegurou que “ademais fai que se acumule a basura na porta do punto limpo, xenerando unha situación de insalubridade e incluso de perigo”.

“Coa taxa do lixo a xente está pagando un servizo que agora mesmo non se empresta no punto limpo”

Desde o BNG exixiron ao goberno local do PSOE que aclare os motivos desta situación e en concreto se responde á tentativa da “empresa concesionaria manter a súa marxe de beneficio”. Os nacionalistas reclamaron ao executivo do PSOE que adopte medidas para mellorar este servizo.

“Coa taxa do lixo a xente está pagando un servizo que agora mesmo non se empresta no punto limpo”, resumiu o voceiro do BNG, Henrique del Río, que acusou ao goberno local do PSOE de “mirar para outro lado mentres isto acontece”. “Se pagamos a taxa por contar co servizo toda a semana isto ten que ser realidade”, asegurou.

O BNG reclama que o punto limpo abra toda a semana