O BNG reclama no Congreso que se exixa avaliación ambiental para o sendeiro peonil á beira do Mandeo

O BNG reclama no Congreso que se exixa avaliación ambiental para o sendeiro peonil á beira do Mandeo

Olaia Fdez. Davila e Rosana Pérez son as deputadas do BNG no Congreso

A deputada do BNG Rosana Pérez critica que se obvien trámites cando este paseo pasa por unha zona que está dentro da Rede Natura 2000.

Madrid, 20 de xaneiro de 2015. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para que a Demarcación de Costas exixa a elaboración do Estudo de Impacto Ambiental no proxecto de sendeiro peonal nas marxes do río Mandeo en Betanzos.

A deputada do BNG explica na iniciativa parlamentar que o concello de Betanzos aprobou en agosto de 2014 un novo proxecto de sendeiros peonal nas marxes do río Mandeo, un paso que irá desde o porto de As Monxas e o Campo dos Caneiros, xa en Coirós. “Grande parte do sendeiro irá por dentro da liña de deslinde do propio río Mandeo, en terreos protexidos por atoparse dentro da Rede Natura 2000”.

Rosana Pérez pón de manifesto que se trata dun proxecto “claramente invasivo porque conlevará a realización dunha serie de actuacións dentro da zona de dominio público marítimo terrestre, que vai ter un impacto moi negativo no ecosistema da zona”. Así, alude á previsión de construir unha canalización do saneamento con tuberías de PVC e arquetas de formigón sobre o que se faría o camiño.

Unha zona de grande valor medioambiental

A deputada do BNG amosa “a nosa preocupación polo impacto medioambiental dun proxecto que debería contar coa avaliación de Costas por atoparse dentro do dominio público marítimo terrestre”. Resalta Rosana Pérez que o novo proxecto posúe importantes variacións en relación ao proxecto inicial que ía ser financiado con fondos FEDER.

Pón de manifesto que “no proxecto orixinario evitouse a realización da Avaliación de Impacto Ambiental debido a un trámite de urxencia para non perder os fondos europeos. Pero finalmente non se levou a cabo e agora non existe ningunha urxencia e se poden facer as cousas ben”.

A deputada do BNG demanda que se faga a Avaliación de Impacto Ambiental, razón pola que formula unha batería de preguntas ao Ministerio de Medio Ambiente. “Considera adecuado o Ministerio que non se someta este proxecto a Exposición Pública nin se faga a Avaliación de Impacto Ambiental cando afecta a unha zona da Rede Natura? Non debería o Ministerio exixir este trámite?”

O BNG reclama no Congreso que se exixa avaliación ambiental para o sendeiro peonil á beira do Mandeo