O BNG reclama a limpeza urxente dun solar abandonado na Madalena

O BNG reclama a limpeza urxente dun solar abandonado na Madalena

Refugallos de obras municipais e privadas, restos de podas e outros enseres na parcela municipal tras do parque

“A veciñanza contounos que houbo unha recollida de sinaturas para reclamarlle ao goberno do PSOE que tome unha solución diante do solar abandonado, insalubre e inzado de broza”

Betanzos, 9 de abril de 2015. O BNG trasladou ao Pleno as queixas da veciñanza da Madalena sobre a suciedade e perigo que presenta un solar abandonado na avenida da Coruña. Segundo explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río, esta finca está “subindo para Vistalegre” e presenta un estado de abandono tal que “sae a broza por fóra do muro que a pecha”.

Os veciños e veciñas indicaron aos representantes nacionalistas que esta situación xa foi advertida en varias ocasións ao goberno local sen conseguir que actuase. “Mesmo contáronnos que houbo unha recollida de sinaturas para reclamarlle unha solución ao goberno do PSOE”, explica Del Río.

A alarma débese, segundo relataron os veciños e veciñas, á ameaza que representa o solar. “Non só pola insalubridade, senón por un perigo certo de incendio ao estar invadido polos plumachos da herba da Pampa”, explica o edil do BNG.

Por este motivo, os nacionalistas pediron ao goberno local que aclare “por que motivo non atenderon estas demandas veciñais” e urxiron ao executivo do PSOE a actuar con celeridade para evitar males maiores.

“O goberno terá que exixir aos propietarios da parcela que solucionen este problema, e senón actuar de forma subsidiaria limpando e eliminando estes perigos e xirándolle logo a factura aos donos, ademais das sancións que procedan”, engadiu Del Río.

 

O BNG reclama a limpeza urxente dun solar abandonado na Madalena