O BNG reclama ao PSOE menos promesas e máis feitos no tema da Casa Gótica

O BNG reclama ao PSOE menos promesas e máis feitos no tema da Casa Gótica

gotica“É unha mágoa que as campañas só duren 15 días, porque senón igual daba tempo a que pasaran de promesas que non cumpren a feitos”.

“Parece mentira que se atrevan a anunciar tal cousa como gancho electoral cando nin hai proxecto nin hai orzamento para esta actuación”.

Betanzos, 12 de maio de 2014. “Alegramonos de que en plena campaña electoral o PSOE caese na conta da necesidade de reconstruír a Casa Gotica”, ironizou o voceiro do BNG, Henrique del Río. “Ultimamente non hai campaña electoral na que PSOE e PP non se acorden do Casco Histórico”, engadiu. “Iso si, é unha mágoa que as campañas só duren 15 días, porque senón igual daba tempo a que pasaran de promesas que non cumpren a feitos”, ironizou.

Os nacionalistas indican que este anuncio do goberno local contrasta co feito “certo e probado” de que desde 2012 o goberno local do PSOE non adoptou ningún tipo de medida con respecto á Casa Gótica. “En agosto de 2012 o goberno do PSOE acorda impoñer unha segunda multa de 3000 euros para tratar de forzar ao propietario a reconstruír o inmoble”, explicou. “Desde ese momento non hai nada máis no expediente”, engade.

É unha mágoa que as campañas só duren 15 días, porque senón igual daba tempo a que pasaran de promesas que non cumpren a feitos

“O PSOE non continuou coas multas para forzar ao propietario a reconstruír a Casa Gótica e só en campaña electoral se lle acorda que o Concello faga a reconstrucción e logo xire a factura ao dono do inmóbel para que o Casco Histórico recupere unha das súas xoias”, engade. “Parece mentira que se atrevan a anunciar tal cousa como gancho electoral cando nin hai proxecto nin hai orzamento para esta actuación”, reprocha.

Os nacionalistas censuran que o goberno do PSOE asegurase aos medios en xullo de 2013 que continuaba coas multas periódicas ao propietario para forzar a reconstrución do inmóbel. “A última que aparece no expediente é de agosto de 2012”, aseguran. “Agás botar balóns fóra, o goberno do PSOE non fixo nada polo Casco Histórico en todo o mandato”, opinan os nacionalistas. “O que non se pode é utilizar o Casco Histórico para atacar a Xunta do PP mentres que no que depende do Concello a inactividade é total” criticou o BNG.

Dotación de mobiliario urbano para disuadir o estacionamento e facilitar a convivencia

Os nacionalistas demandan do goberno local que coloque mobiliario urbano nas rúas e prazas peonís do Casco Histórico. “O PSOE retirou todo o mobiliario urbano que había, favorecendo a ocupación de rúas e prazas polos vehículos e, polo tanto, facendo imposíbel a preferencia peonil sobre estes espazos públicos”.

Parece mentira que o PSOE se atreva a anunciar a reconstrucción da Casa Gótica como gancho electoral cando non hai proxecto nin orzamento para isto

“Isto conleva que vida comunitaria e actividades de lecer e esparcemento non se poidan levar a cabo nas prazas da zona histórica do noso municipio, contribuíndo deste xeito a baleirar de vida e de actividade económica o Casco Histórico” lamentan.

O BNG reclama ao PSOE menos promesas e máis feitos no tema da Casa Gótica