O BNG propón construír a pista de skate cuberta con cargo ao POS

Os nacionalistas inclúen na súa proposta a mellora das dependencias da escola infantil de San Francisco e a rehabilitación do tímpano da porta da Ribeira.

Betanzos, 25 de novembro de 2011. O BNG propón aproveitar os fondos do Plan de Obras e Servizos da Deputación para construír a pista de skate cuberta. O Pleno, a iniciativa do BNG, aprobou habilitar esta infraestrutura deportiva logo de que fose desaloxada a nave abandonada que os mozos e mozas utilizaban para practicar esta modalidade deportiva urbana.

Ademais, os nacionalistas suxiren aproveitar outra parte do plan inversor para realizar diversas melloras na escola infantil municipal de San Francisco. “Os pais e nais téñennos trasladado a necesidade de habilitar un espazo cuberto para deixar os carros dos bebés os días de chuvia” indicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río, que ademais apunta a necesidade de “cubrir unha parte do patio para que os nenos e nenas poidan saír os días de chuvia así como renovar os xogos infantís de acordo coa normativa vixente”.

O BNG propón tamén rehabilitar con cargo ao POS o tímpano da porta da Ribeira, unha obra “que precisa unha urxente intervención” segundo o voceiro dos nacionalistas. “Entendemos que un plan de obras ten que financiar investimentos, e que para o gasto corrente o Concello ten que contar cos seus propios recursos” indicou.

O BNG propón construír a pista de skate cuberta con cargo ao POS