O BNG promove unha asemblea aberta para para construír o futuro desde Betanzos

O BNG promove unha asemblea aberta para para construír o futuro desde Betanzos

construindofuturo“Facemos un chamamento a todas as persoas boas e xenerosas para deseñar conxuntamente unha alternativa nacionalista e de esquerdas para o noso Concello”.

Betanzos, 26 de setembro de 2014. O BNG celebrará mañá ás 20:30 h. nos soportais da Cañota unha asemblea aberta dentro do proceso “Construíndo futuro” que o BNG está a impulsar en todos os concellos do País. Esta asemblea, na que poderá tomar a palabra calquera persoa asistente, ten como obxectivo configurar unha alternativa claramente nacionalista e de esquerdas. “Para iso contamos con todas as persoas que queren a este país”, explicou Cristina López, responsábel do BNG das Mariñas. “Pensamos que é necesario tender pontes desde a base para desaloxar dos concellos da comarca ao PP e ao PSOE que son as dúas caras das mesmas políticas en contra das maiorías sociais”, engadiu.

“Queremos contar coas persoas preocupadas pola situación do noso Concello e do País, coñecer de primeira man as súas preocupacións e propostas”, indicou o voceiro do BNG, Henrique del Río. “Queremos identificar entre todos e todas os problemas do noso concello e buscarlles solución. Devolverlle a voz ao noso pobo”, abundou o voceiro nacionalista.

O BNG quere impulsar e facer un chamamento para construir "unha alternativa nacionalista", e levar a cabo un proceso que permita que "darlle un futuro" a Galiza. Trátase dun proceso local, se enmarca nun nacional para darlle futuro e esperanza a Betanzos e ao País.

“Facemos un chamamento a todas as persoas boas e xenerosas para deseñar conxuntamente unha alternativa nacionalista e de esquerdas para o noso Concello”, concluíu Del Río.

O BNG promove unha asemblea aberta para para construír o futuro desde Betanzos