O BNG pide ao goberno a cesión gratuíta ao Concello do antigo centro de saúde

O BNG pide ao goberno a cesión gratuíta ao Concello do antigo centro de saúde

Olaia Fdez. Davila e Rosana Pérez son as deputadas do BNG no Congreso

Rosana Pérez, deputada do BNG, alerta do estado de abandono deste edificio e critica que o Ministerio demande un aluguer ou a compra do edificio.

Madrid, 21 de marzo de 2014. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara na que insta ao Goberno a ceder gratuitamente ao concello de Betanzos o edificio do antigo centro de saúde.

A deputada do BNG explica a situación de abandono na que se atopa, “un estado de progresiva ruina desde que se construiu o actual”. Lembra que nun primeiro momento ese edificio foi cedido á Xunta co propósito de abrir un Centro de Día para persoas maiores. “A pesar de que o concello deu o visto bón, ese proxecto nunca se levou a cabo”. Finalmente, sinala, a propiedade retornou a máns da Seguridade Social.

Rosana Pérez engade que o concello de Betanzos demandou a cesión do edificio pero se atopou coa resposta do Ministerio quen demanda o pagamento dun aluguer. A deputada do BNG critica esta fórmula porque o Executivo debe ser consciente de que a situación “financeira de moitas corporacións locais é difícil e non se poden plantexar asumir un aluguer ou proceder á adquisición dunha propiedade púbilca”. Considera Rosana Pérez que os bens públicos deberían revertir socialmente en beneficio de todos os contribuíntes.

Por iso, dirixe ao Goberno unha serie de preguntas para coñecer o seu dispór á cesión gratuita do edificio. Tamén interpela ao executivo de Rajoy sobre os prazos nos que anunciaría unha hipotética venda.

O alcalde deu a entender no Pleno que o Goberno lle pedira un comprador

No Pleno do pasado mes de febreiro o alcalde deu a entender que o goberno central pedíralle que lle identificasen un posíbel comprador para o antigo ambulatorio toda vez que o Concello declinaba pagar unha renda pola posesión do edificio.

17-03-14-edif antiguo centro saúde Betanzos

O BNG pide ao goberno a cesión gratuíta ao Concello do antigo centro de saúde