O BNG pediu información ao goberno local sobre as medidas de seguridade que ten pensado adoptar no Conservatorio de Música

Amelia Sánchez é a portavoz do BNG de Betanzos
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG de Betanzos

Amelia Sánchez pediu tamén que o goberno informe sobre os días e mesmo as horas en que se realizan os labores de limpeza dos parques, pistas polideportivas e outros edificios de uso colectivo, a través por exemplo, dun cartel na entrada destas instalación

O BNG pediu información ao goberno local sobre as medidas de seguridade que ten pensado adoptar no Conservatorio de Música

Betanzos, 6 de outubro de 2020. O BNG pediu información ao goberno local sobre as medidas de seguridade que ten pensado adoptar no Conservatorio de Música para garantir a seguridade do alumnado fronte á Covid. 

“Nas semanas pasadas, o Concello informou de que se abría o prazo de matrícula no Conservatorio de Música. Desde o noso punto de vista, existe un perigo engadido de contaxio, ao traballarse con instrumentos musicais de vento e ao ter que bailar en distancias menores á distancia social recomendada”, explicou a portavoz do BNG, Amelia Sánchez. 

Por este motivo pedimos información ao goberno local sobre as medidas de seguridade engadidas ten pensado adoptar para garantir a seguridade das usuarias e do profesorado do conservatorio”, indicou Sánchez. “Non sabemos se existe un protocolo municipal a este respecto e se se teñen previsto as actuacións que cómpre adoptar ante posíbeis casos positivos”.

Transparencia sobre os casos positivos no concello

“Son moitos os aspectos da pandemia da Covid-19 que descoñecemos, mais se hai algunha certeza, é que só conseguiremos saír adiante desde a transparencia e a información detallada á veciñanza”, explicou Amelia Sánchez. “Por iso pedimos ao goberno local e á Xunta que fagan públicos os datos de número de casos confirmados no noso concello, mantendo alerta a poboación e impedindo que esta se confíe na loita contra o virus”. 

Da mesma maneira e incidindo nesa necesidade de informar a poboación, a portavoz nacionalista pediu que o goberno informe sobre os días e mesmo as horas en que se realizan os labores de limpeza dos parques, pistas polideportivas e outros edificios de uso colectivo, a través por exemplo, dun cartel na entrada destas instalacións.

O BNG pediu información ao goberno local sobre as medidas de seguridade que ten pensado adoptar no Conservatorio de Música