O BNG pediu por escrito un informe sobre a posibilidade de remunicipalizar o complexo do Carregal

O BNG pediu por escrito un informe sobre a posibilidade de remunicipalizar o complexo do Carregal

Imaxe da piscina municipal. Tomada do web municipal

“Pedimos por escrito esta información despois de ofrecerlles a BN e CxG a posibilidade dunha moción conxunta en termos similares, e logo de que estes grupos nos pediran tempo até o seguinte Pleno, a finais de xuño, para estudar o tema”

“A nosa oferta de unidade en defensa dos servizos públicos seguen en pé”.

Betanzos, 30 de maio de 2016. O BNG reclamou ao goberno local por escrito un informe sobre a posibilidade de remunicipalizar o polideportivo e as piscinas municipais e os custos que tería, así como toda a información que a concesionaria trasladou ao Concello diante do traspaso da concesión. As nacionalistas solicitaron, ademáis, que o goberno local informe sobre a situación en que quedarían as persoas que traballan nestas instalacións.

“Pedimos por escrito esta información despois de ofrecerlles a BN e CxG a posibilidade dunha moción conxunta en termos similares, e logo de que estes grupos nos pediran tempo até o seguinte Pleno, a finais de xuño, para estudar o tema”, explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

“Para gañar tempo e ter xa toda a información na man, fomos pedindo por escrito informes e todos os datos”, informou o voceiro nacionalista, “aínda que a nosa oferta segue en pé e pensamos que a unidade en defensa dos servizos públicos e fronte ás privatizacións é esencial tendo en conta que PP e PSOE defenden en Betanzos a postura contraria”.

“A situación das piscinas e o polideportivo ten certa urxencia”, explicou Del Río, “sobre todo considerando as continuas queixas da veciñanza e, sobre todo, pola aprobación, en agosto, do primeiro paso para o traspaso da concesión”. “Mais pode agardar un mes máis se con iso se consegue unha posición de máis forza no Pleno que leve a ofrecer á nosa veciñanza un servizo de calidade”, engadiu Del Río.

O BNG pediu por escrito un informe sobre a posibilidade de remunicipalizar o complexo do Carregal