O BNG pedirá no Pleno o amaño da Ponte de Beldoña

A placa que colocaron no 2000 cando 'inauguraron' unha ponte medieval
O BNG pedirá no Pleno o amaño da Ponte de Beldoña

Aspecto da ponte de Beldoña

“Entre as demandas da veciñanza de Guiliade tamén está o amaño do lavadoiro”

Betanzos, 11 de marzo de 2015. O BNG trasladará ao Pleno o malestar da veciñanza de Guiliade polo mal estado en que se atopa a ponte vella de Beldoña, que cruza o Mero e une Betanzos e Abegondo. “A broza está a medrar na propia ponte e nas súas zapatas”, explicou Henrique del Río, que visitou o lugar con veciños da zona.

“Parece que desde que Lagares e Santiso clavaron unha placa co seu nome no medio da ponte ninguén se volveu preocupar por ela”, ironizou Del Río. “É un ben patrimonial que ademais de non estar sinalizado, presenta un estado que fai temer pola súa conservación”, explica.

Ademais, os nacionalistas demandarán tamén o amaño do lavadoiro de Guiliade, que presenta “síntomas máis que evidentes de abandono de máis dun ano”. “Está cheo de broza e suciedade”, advirten, “e ten a cuberta, que queda case a nivel da estrada a Guísamo, chea de lixo e terra”.

A placa que colocaron no 2000 cando 'inauguraron' unha ponte medieval

“Semella que o ‘plan de ñapas electorais’ de precampaña do señor alcalde non chegou ao medio rural”, ironizou o voceiro nacionalista. Por este motivo, demandarán o amaño de ambos os dous bens patrimoniais.

O BNG pedirá no Pleno o amaño da Ponte de Beldoña