O BNG non facilitará o goberno do PP en Betanzos

Os nacionalistas rexeitan calquera tipo de negociación co PP.

O BNG non facilitará o goberno do PP en Betanzos

Os nacionalistas rexeitan calquera tipo de negociación co PP.

Betanzos, 7 de xuño de 2011. O BNG non facilitará a entrada do PP no goberno municipal de Betanzos. Seguindo o acordado polo Consello Nacional da fronte, a Asemblea Local de Betanzos decidiu en datas pasadas rexeitar calquera tipo de negociación co PP.

Nos últimos días a alcaldesa en funcións, María Faraldo, amosou de forma insistente o seu interese en negociar a conformación do goberno local co candidato do BNG á Alcaldía, Henrique del Río. O BNG, que tiña designados outros interlocutores, declina outorgar calquera tipo de apoio a un eventual goberno do PP. “Non imos escoitar os cantos de serea do PP” apuntan desde o Consello Local do BNG.

O BNG non facilitará o goberno do PP en Betanzos