O BNG leva a pleno o malestar veciñal co estacionamento dentro da rotonda do Rollo

Google Maps evidencia o estacionamento tolerado no interior da rotonda do Rollo
Google Maps evidencia o estacionamento tolerado no interior da rotonda do Rollo

“Pensamos que é máis seguro evitar o estacionamento na rotonda para garantir a seguridade viaria, de feito parécenos que non é o sitio axeitado para habilitar prazas de aparcamento”

O BNG leva a pleno o malestar veciñal co estacionamento dentro da rotonda do Rollo

“Pensamos que é máis seguro evitar o estacionamento na rotonda para garantir a seguridade viaria, de feito parécenos que non é o sitio axeitado para habilitar prazas de aparcamento”

Betanzos, 1 de outubro de 2016. O BNG trasladou ao Pleno as queixas da veciñanza da Rúa Rosalía de Castro polos problemas de circulación na rotonda que fai cruzamento coa Rúa do Rollo. “Veciñanza da rúa Rosalía de Castro tennos advertido que o goberno local retirou varias macetas ubicadas na rotonda onde esta rúa fai cruzamento coa do Rollo.

O resultado desta medida é que agora os vehículos estacionan no interior da rotonda, constituíndo un perigo adicional para o tránsito rodado e peonil”, explicou o portavoz nacionalista, Henrique del Río, que recordou que o goberno local xa sinalizou varias prazas de estacionamento noutra parte desta mesma rotonda entre as rúas Rollo, Cal das Barras e Rosalía de Castro.

Desde o BNG pediron ao goberno información sobre os motivos aos que responde esta decisión. “Pensamos que é máis seguro evitar o estacionamento na rotonda para garantir a seguridade viaria, de feito parécenos que non é o sitio axeitado para habilitar prazas de aparcamento”, indicou del Río, quen pediu ao goberno local que rectificara esta decisión.

Mellora da seguridade viaria nas incorporacións á Avenida de Castela

O pasado mes de xuño o BNG trasladou tamén ao Pleno o malestar veciñal pola escasa visibilidade nas incorporacións á Avenida de Castela desde a rúa Seijo Rubio e as súas paralelas. “A presenza habitual de vehículos mal estacionados nas interseccións chega a comprometer a seguridade viaria”, indicaban as nacionalistas.

“Tres meses despois, o goberno local segue sen garantir a seguridade nestes puntos con algo tan elemental como evitar o estacionamento indebido”, lamentan desde o BNG. “Isto non é unha cuestión de cartos e investimentos, é simplemente vontade política, mais é visto que o goberno non ten a intención de mellorar a seguridade viaria e, polo tanto, a calidade de vida da veciñanza neste punto”, conclúen.

O BNG leva a pleno o malestar veciñal co estacionamento dentro da rotonda do Rollo