O BNG leva a Pleno a demanda de melloras no servizo de pediatría

O BNG leva a Pleno a demanda de melloras no servizo de pediatría

Henrique del Río é o portavoz municipal do BNG-Asembleas Abertas

“A maior problema, durante as vacacións e permisos da matrona do centro de saúde de Betanzos a baixa non se cubre, polo que queda sen persoal o servizo, obrigando a adiar citas e revisións”

Betanzos, 23 de abril de 2016. O BNG trasladará ao Pleno de Betanzos a demanda veciñal de melloras no servizo de pediatría e matrona na comarca. Ademais, reclamará un mantemento axeitado dos centros de saúde. “No centro de saúde de Betanzos hai 2 pediatras, para o Concello de Betanzos máis os de Coirós, Irixoa e Aranga, que non teñen este servizo e teñen como centro de referencia Betanzos” explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río, que recorda que “o servizo é polas mañás e só unha tarde á semana, os martes”.

O servizo de matrona presenta igualmente unha prestación bastante deficitaria debido á escasez de persoal, hai unha matrona en Betanzos mais terían que ir a Betanzos como centro de referencia as pacientes en Aranga, Coirós, Irixoa e Paderne xa que carecen deste servizo explican as nacionalistas. “A maior problema, durante as vacacións e permisos da matrona do centro de saúde de Betanzos a baixa non se cubre, polo que queda sen persoal o servizo, obrigando a adiar citas e revisións” indican.

Ademais, o Bloque explica que no centro de saúde de Betanzos o servizo de enfermaría négase a administrar a vacina da toseferina ás mulleres embarazadas, sen motivar. Está a asumir esta administración a matrona, coas limitacións anteriormente indicadas.

“Desde o BNG xa temos presentado unha emenda aos orzamentos da Xunta con este tema nos últimos tres anos, 2014, 15 e 16, e neste mes acabamos de presentar unha iniciativa no Parlamento galego sobre este mesmo tema” recordou Del Río.

“Pedimos melloras tamén nos centros de saúde que en moitos casos se encontran nunha situación de abandono lamentábel”, indicou o voceiro do BNG.

Falta de transporte para desprazarse ao centro de referencia

“Á ausencia de servizo nos propios concellos ven a se sumar, nestes casos, as deficiencias no transporte público, de maneira que entre Aranga e Betanzos hai un bus Betanzos-Aranga as 16:15 h da tarde e un Aranga Betanzos ás 10:30 da mañá. Entre Irixoa e Betanzos só hai bus na temporada escolar e para iso de Luns a Venres: de Irixoa a Betanzos ás 7:55 h e de Betanzos a Irixoa ás 14:20 h”, explicou a responsábel do BNG das Mariñas, Cristina López.

“Ademais, as paradas destes buses están no centro do concello nos casos de Coirós e Irixoa, mais a dispersión poboacional fai inviábel no caso de concellos como Cesuras, que non contan con servizo de transporte entre as parroquias utilizar o transporte público para a maioría da veciñanza” explica.

As nacionalistas indicaron que trasladarán estas demandas aos Plenos dos Concellos da comarca para esixir á xunta unha asistencia sanitaria axeitada nos concellos das Mariñas.

O BNG leva a Pleno a demanda de melloras no servizo de pediatría