O BNG leva ao Pleno o verquido de fecais na estrada de Santiago

As augas fecais fítranse por unha finca procedentes dalgunha fisura na rede de saneamento
O BNG leva ao Pleno o verquido de fecais na estrada de Santiago

“Non se pode celebrar a declaración como Reserva da Biosfera e manter este tipo de situacións”.

Betanzos, 26 de xuño de 2013. O BNG denunciou no Pleno que desde hai máis dun mes un verquido de augas fecais ocupa “parte da beirarrúa e corre polo firme da estrada” na saída cara Santiago, “no Camiño da Estación, á altura do cruce co Camiño do Coto”. Segundo indicou a concelleira María Otero, “a veciñanza da zona cre que podería provir da residencia de anciáns do Coto”.

Os nacionalistas explicaron no pleno que a veciñanza asegura “que teñen posto isto en coñecemento do Concello e que, como moito, consiguen que se corte o verquido unhas horas”. Por este motivo, reclamaron do goberno local do PSOE unha explicación sobre “por que non se soluciona esta situación”.

“Xustamente hoxe, despois de máis dun mes recibindo queixas da veciñanza, viñeron limpar á beirarrúa”, explicaron os nacionalistas, “non se pode consentir que non teñan en conta as queixas da veciñanza até que se traslada ao Pleno. Os veciños e veciñas teñen todo o dereito a que se solucionen as súas demandas”.

“É consciente o goberno do PSOE dos perigos que para a saúde implica un verquido

de fecais ao aire libre?” interpelou a nacionalista. “Que ten que acontecer para que se solucionen este tipo de problemas?”, ironizaron. “Non se pode celebrar a declaración como Reserva da Biosfera e manter este tipo de situacións”, advertiu o voceiro do BNG, Henrique del Río. “Se unha declaración como a de reserva da biosfera admite todas estas prácticas a nos decepcionanos. Xa dixemos no seu momento que esperábamos que vos valera para algo pero parece que non”.

Os nacionalistas lamentan que o goberno do PSOE se negase a cambiar as fumigacións con herbicida en xardíns e ribeiras dos ríos por outros sistemas respectousos co medio para acabar coas malas herbas. “Non se pode pedir como Concello á veciñanza que asuma sacrificios en defensa do medio e logo vir con estas”, advertiu o nacionalista. “Prantar rastreiras nas beiravías aforra traballo a medio prazo e leva tanto tempo fumigar como pasar a desbrozadora”, explicaron.

O BNG leva ao Pleno o verquido de fecais na estrada de Santiago