O BNG leva ao Pleno a súa oposición a que a Xunta privatice a escola infantil do Carregal

faixa_galescola
faixa_galescola

“Coa privatización desmantelase un servizo público para favorecer que determinadas empresas fagan negocio co ensino”.

O BNG leva ao Pleno a súa oposición a que a Xunta privatice a escola infantil do Carregal

“Coa privatización desmantelase un servizo público para favorecer que determinadas empresas fagan negocio co ensino”.

Betanzos, 27 de xaneiro de 2012. O grupo municipal do BNG presentou para o seu debate no pleno que terá lugar o vindeiro martes unha moción para que o Concello de Betanzos se opoña á privatización da escola infantil do Carregal. O pasado 18 de xaneiro a Xunta abría o concurso para privatizar a xestión da escola infantil betanceira. Os concelleiros nacionalistas Xosé Vales e Henrique del Río advirten na moción que “o goberno do PP inicia a privatización pola vía de urxencia” das novas escolas infantís que abrirán proximamente e “incrementa escandalosamente os prezos públicos a pagar polas familias”. Estas medidas, para o BNG,  estanse a tomar sen ter en conta a delicada situación de moitas familias que agrava a actual crise económica, os recortes sociais e a política impositiva do PP”.

Os edís nacionalistas recordan que “a Lei de Servizos Sociais de Galiza estabelece proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral”. “Coa privatización desmantelase un servizo público para favorecer que determinadas empresas fagan negocio co ensino” advirten os nacionalistas. Segundo o BNG esta medida tamén repercutirá na calidade educativa das escolas infantís e na precarización dos empregos nas mesmas.

Os concelleiros nacionalistas recordan que co PP no goberno municipal “adiouse a construcción da galescola do Carregal, onde o goberno municipal retrasou por máis dun ano a posta a disposición da Xunta dos terreos para construir o centro”. “Cando finalmente a Xunta do PP decidiu levantar a escola infantil, recurtou en 26 as 100 prazas inicialmente previstas” inciden Vales e Del Río, que afirman que “isto significa que se o goberno local do PP tivese entregado os terreos dentro do prazo agora non habería a lista de agarda de 24 meniños que hai”.

Rúa para Isaac Díaz Pardo

Os nacionalistas rexistraron outra moción na que solicitan á Corporación que se dedique “unha rúa ou praza” a Isaac Díaz Pardo, recentemente finado. “O seu labor en Sargadelos e no Castro supuxo unha bocanada de autoestima para Galiza e o valor cultural de Ediciós do Castro queda demostrado na cantidade e calidade dos títulos publicados e o que tal supuxeron para a literatura e o saber galego” aseguran os nacionalistas, que recordan a estreita relación do finado con Betanzos para defender que se lle outorgue este recoñecemento público.

O BNG leva ao Pleno a súa oposición a que a Xunta privatice a escola infantil do Carregal