O BNG lamenta a morte de Andrés Beade Dopico

Beade nun acto do BNG
Beade nun acto do BNG

Deixa tras de si un legado de coherencia, dignidade e loita incansábel. Beade, con cuxa familia e achegados se solidariza o BNG, foi un deses bos e xenerosos que deron o mellor de si para construír unha nación galega máis libre e máis socialmente xusta.

O BNG lamenta a morte de Andrés Beade Dopico

Deixa tras de si un legado de coherencia, dignidade e loita incansábel. Beade, con cuxa familia e achegados se solidariza o BNG, foi un deses bos e xenerosos que deron o mellor de si para construír unha nación galega máis libre e máis socialmente xusta.

Betanzos, 17 de setembro de 2011. O BNG lamenta fondamente a nova do pasamento de Andrés Beade e súmase á lembranza deste betanceiro que deixa tras de si un legado de coherencia, dignidade e loita incansábel. Beade, con cuxa familia e achegados se solidariza o BNG, foi un deses bos e xenerosos que deron o mellor de si para construír unha nación galega máis libre e máis socialmente xusta.

Andrés Beade Dopico foi fillo de Ramón Beade, alcalde da Fronte Popular fuxido e represaliado. Era Presidente Honorario do Centro Betanzos de Bos Aires, entidade que presidira e onde ocupara diversos cargos directivos no que durou a súa estadía en Arxentina na dupla calidade de exiliado e emigrante. A colectividade galega en Arxentina aínda lembra o seu intenso traballo nas distintas responsabilidades que ocupou, como a vicepresidencia do Instituto Arxentino de Cultura Galega ou a dirección do xornal “Galicia” en Bos Aires. O seu traballo sempre foi en favor da democracia e dun mundo máis xusto e igualitario onde os distintos pobos se manifestasen en igualdade.

De regreso a Betanzos, Beade foi membro da Corporación Municipal, se ben as súas conviccións de esquerda fórono afastando do PSOE. Así, colaborou intensamente co BNG durante o goberno bipartito que rexiu Betanzos entre 2003 e 2007 e implicouse a fondo na campaña das eleccións municipais de 2007, publicando un manifesto xunto con Tomás López Loureda, outro militante histórico da esquerda betanceira fillo do alcalde López da Torre, asasinado polos franquistas. Andrés Beade participou en numerosos actos públicos do BNG coma poñente até que a enfermidade o obrigou a abandonar a vida pública.