O BNG insta ao PSOE a levar ata o final o acordo plenario contra a privatizacion da escola infantil

Os nacionalistas esixen ao goberno local do PSOE que encargue aos seus técnicos un informe xurídico para examinar a privatización do servizo, que “podería contradicir o convenio subscrito entre Xunta e Concello”.

Betanzos, 1 de febreiro de 2012. O BNG celebra que o Pleno de Betanzos apoiase, só co voto en contra do PP, a súa proposta en contra da privatización da escola infantil do Carregal e contra a subida de taxas na rede de escolas infantís.

“Alegrámonos de que o PSOE ao final decidise apoiar o xusto aínda que, como noutros casos recentes como o da gasolineira que pretendían construír na Madalena, vemos que é demasiado tarde”, explicou o portavoz nacionalista Henrique del Río. Os nacionalistas reclaman ao goberno local do PSOE “que faga todo o necesario para facer valer o convenio asinado entre Xunta e Concello, como se aprobou onte no Pleno”, logo de que a concelleira de servizos sociais recoñecera que o convenio asinado co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar establece que o propio Consorcio é o responsábel da xestión da escola infantil.

“Non entendemos porque o alcalde afirmou publicamente que tiña coñecemento da privatización da escola infantil pola xerencia do Consorcio e onte a concelleira María Barral no pleno dicía que tiveron coñecemento a través do Diario Oficial o día que saíu publicada a licitación”, afirmou o portavoz nacionalista. “Congratulámonos de saber a opinión tanto PSOE como de CxB, que calaron até agora en relación con este tema”, indicou, “agora esperamos que o goberno local actúe en consecuencia e faga valer o acordo plenario”.

Os nacionalistas esixen ao goberno local do PSOE que encargue aos seus técnicos un informe xurídico para examinar a privatización do servizo, que “podería contradicir o convenio subscrito entre Xunta e Concello”. Segundo Del Río, “o Concello ten que facer todo o posíbel para parar esta privatización que atenta contra a rede pública de escolas infantís, que foi modélica no estado”.

O BNG insta ao PSOE a levar ata o final o acordo plenario contra a privatizacion da escola infantil