O BNG exixe no Pleno que se aplique a Lei de Memoria Histórica

Franco segue a ser fillo adoptivo e ten a medalla de ouro da cidade e Fraga a de prata polo seu desempeño como ministro da dictadura.

O BNG exixe no Pleno que se aplique a Lei de Memoria Histórica

Franco segue a ser fillo adoptivo e ten a medalla de ouro da cidade e Fraga a de prata polo seu desempeño como ministro da dictadura.

Betanzos, 26 de outubro de 2011. O BNG levou a pleno unha moción exixindo o cumplimento da Lei de Memoria Histórica. A proposta defendida instaba ao goberno local a incluír a retirada das honras públicas aos persoeiros do réxime na orde do día da comisión de honras, convocada para hoxe.

O voceiro do BNG, Henrique del Río, reprochou que o anterior alcalde do PSOE bloqueou a aplicación dun acordo similar adoptado polo Pleno no ano 2005. Tamén censurou que a anterior alcaldesa, do PP, se resistira a aplicar a Lei de Memoria Histórica, vixente desde outubro de 2007, e mantivese os recoñecementos aos franquistas.

Entre os recoñecementos que o BNG pedirá retirar na comisión de honras desta tarde figura a dedicatoria dunha rúa e a medalla de prata de Betanzos para Manuel Fraga, concedidas en 1966, polo seu papel como ministro do réxime.

En Betanzos pervive aínda diversa simboloxía da Falanxe en varias fachadas, ademais da dedicatoria de varias rúas dedicadas a militares, alcaldes e persoeiros franquistas. Ademais, Franco segue a ser Fillo Adoptivo e Medalla de Ouro de Betanzos, Fraga ten a medalla de prata e un xeneral franquista ten o retrato colgado na galería de honra da Sala Capitular do Concello.