O BNG denuncia as irregularidades na política de persoal do goberno do PSOE

O goberno local utiliza persoal municipal para desenvolver traballos distintos aos que teñen encomendados polo seu contrato. Del Río: “O goberno do PSOE incumpre o acordo plenario ao non propór unhas novas bases de contratación”.

O BNG denuncia as irregularidades na política de persoal do goberno do PSOE

O goberno local utiliza persoal municipal para desenvolver traballos distintos aos que teñen encomendados polo seu contrato. Del Río: “O goberno do PSOE incumpre o acordo plenario ao non propór unhas novas bases de contratación”.

Betanzos, 16 de decembro de 2011. O BNG denunciou que o goberno local utiliza persoal municipal para desenvolver traballos distintos aos que teñen encomendados polo seu contrato, como a diario poden comprobar os veciños.

Precisamente, no último pleno o concelleiro nacionalista Xosé Vales interpelou ao goberno local acerca dun membro do grupo municipal de intervención rápida (GRUMIR) que estaría emprestando servizos no cemiterio municipal asumindo traballos que non lle corresponden.

O pasado mes de xullo o pleno acordou, a iniciativa do BNG, actualizar e mellorar as bases de contratación de persoal do Concello, logo de que o BNG denunciase falta de transparencia e igualdade de oportunidades no proceso selectivo para cubrir unha praza de auxiliar administrativo para Servizos Sociais. O portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, denuncia que “desde aquel momento nada se volveu a saber sobre o tema e o PSOE non presentou unha proposta para aprobar unhas novas bases”.

Isto non impediu que se seguiran a dar contratacións temporais cunhas bases distintas ás aprobadas polo pleno do Concello. O pasado 25 de outubro, o edil Xosé Vales preguntou no pleno polos motivos polos que o goberno local optara por usar unhas bases distintas para cubrir unha praza temporal no Conservatorio municipal Carlos López García-Picos. O goberno local tan só se escudou na legalidade do seu proceder sen explicar por que non seguira as bases xerais de contratación e se apartara do acordado polo pleno en xullo.

“O goberno do PSOE incumpre o acordo plenario ao non propór unhas novas bases de contratación” advertiu o voceiro do BNG, Henrique del Río. Os nacionalistas entenden que o goberno local do PSOE “non ten intención de cambiar as prácticas na contratación de persoal que tiña o PP”. Os nacionalistas entenden que “o PSOE volve ao pasado, á prepotencia dos tempos en que tiña maioría absoluta”.

O BNG denuncia as irregularidades na política de persoal do goberno do PSOE