O BNG cuestiona a credibilidade do terceiro convenio proposto pola Xunta para amañar o pavillón

Xosé Vales: “Que credibilidade pode ter este convenio cando é a terceira vez que a Xunta incumpre a súa palabra sobre o amaño da pista do polideportivo?”

Betanzos, 6 de outubro de 2011. O BNG lamenta que os recortes da Xunta se ceben nos investimentos realmente importantes para os veciños e veciñas e, pola contra, se manteñan en gastos e actividades superfluas. A Xunta trasladou ao Concello de Betanzos a imposibilidade de cumprir o convenio para amañar a pista do pavillón municipal e propón ao Concello asinar un novo convenio para o ano que ven.

“Que credibilidade pode ter este convenio cando é a terceira vez que a Xunta incumpre a súa palabra sobre o amaño da pista do polideportivo?”, pregúntase o concelleiro nacionalista Xosé Vales. O edil do BNG non dubidou en cualificar os diferentes anuncios sobre este tema como “promesas electoralistas incumpridas”.

“Este comportamento é unha proba máis que evidente da falta de respaldo da Xunta do PP ao deporte de base” censura o nacionalista. Vales lamenta que o goberno municipal non valore outras opcións e teña coma única alternativa “seguir acreditando nos convenios que a Xunta do PP non cumpre” para solucionar os problemas dos veciños e veciñas.
 
O BNG cuestiona a credibilidade do terceiro convenio proposto pola Xunta para amañar o pavillón